HomeMedio ambiente e PatrimonioA cadela de Chantada podería perder dúas patas tras os disparos do...

A cadela de Chantada podería perder dúas patas tras os disparos do seu dono

A propia vida do animal corre perigo, dado que "todo depende da evolución das súas feridas".

Publicado o

- Advertisement -

A cadela á que supostamente o seu dono disparou no municipio lucense de Chantada segue ingresada no Hospital Clínico Veterinario Rof Codina, de Lugo, e o seu estado é grave, dado que a causa do disparo e dos golpes que recibiu, podería perder as dúas extremidades dianteiras.

Segundo informaron a EFE fontes do Rof Codina, a propia vida do animal corre perigo, dado que “todo depende da evolución das súas feridas” nas próximas horas. Nestes momentos, está a ser tratada con “antibióticos e analxesia”, pero “nunha das extremidades non sente” e ten unha fractura, polo que, posiblemente, haberá que amputarlle esa pata.

Os veterinarios que a tratan recoñecen que tamén “é posible” que haxa que amputarlle a outra perna dianteira, porque a ferida do disparo está moi mal e tamén ten unha fractura, aínda que neste caso dependerá da súa evolución.

En canto aos seis cachorros que deu a luz, as mesmas fontes confirmaron que se fará cargo do seu coidado a organización Mundo Vivo.

ÚLTIMAS

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...