O ente turístico que dinamiza Ribeira Sacra fixo público nas redes sociais este domingo, 5 de abril, un vídeo no que colaboran representantes dos diferentes concellos que integran este territorio.
No traballo audiovisual, que comeza cun “hoxe quedas na casa para…”, envíanse mensaxes encamiñadas a crear ilusión para a volta á normalidade despois do confinamento e fan recomendacións patrimoniais e paisaxísticas emblemáricas de cada un dos seus municipios.
O vídeo remata deste xeito: “Hoxe queda na casa para vir ou volver mañá, precisámoste máis que nunca”.