HomeMedio ambiente e PatrimonioA Xunta queimará 57 hectáreas en Terra de Lemos para previr incendios

A Xunta queimará 57 hectáreas en Terra de Lemos para previr incendios

En Terra de Lemos, haberá cinco obras preventivas en perímetros de alto risco nos municipios de Bóveda, O Saviñao e Quiroga, tamén haberá rozas en Chantada e A Pobra do Brollón, entre outros. Neste distrito forestal faranse unha decena de queimas controladas en 57 hectáreas

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural pon en marcha este ano plans piloto en catro dos 19 distritos forestais existentes co fin de impulsar tarefas de prevención que se centren en zonas de especial abandono e afectación por incendios. Un plan que recolle realizar cortas de árbores en máis de 100 quilómetros e queimar case 630 hectáreas de xeito preventivo.

Así figura no plan de actuacións de prevención de incendios que prevé levar a cabo a Xunta en 2020, ao que tivo acceso Europa Press. Cada un dos catro distritos elixidos para este ano están nunha provincia diferente: Fisterra –distrito forestal V– (A Coruña); Terra de Lemos –VIII– (Lugo); Verín-Viana –XIV– (Ourense) e  Condado-A Paradanta –XVII– Pontevedra. A información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

O recanteiro de Lugo Sur, Julio Ferrín, canta hoxe no Luar

O quirogués Julio Ferrín estréase na sección 'Recantos' do programa Luar da TVG. No...

O GDR Ribeira Sacra-Courel aproba 34 proxectos que mobilizarán máis de 2,5M€ de investimento no territorio

As axudas LEADER buscan impulsar novas iniciativas empresariais, mellorar a competitividade das actividades existentes...

A 48 edición do Rally San Froilán, os días 16 e 17 de outubro, estrea treito en Sarria

As novidades do percorrido son o treito de Baralla, con saída e meta na...

Aberto o prazo de matriculación para a Escola Municipal de Danza de Monforte

O Concello de Monforte informa á veciñanza que a Escola de Danza Municipal comezará...