HomeMedio ambiente e PatrimonioBenvida ao Xacobeo 2021 dende o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra

Benvida ao Xacobeo 2021 dende o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra

O organismo dinamizador deste destino turístico aposta este ano polo Camiño de Inverno e por seguir 'vendendo' patrimonio, humanidade e paisaxe.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No Consorcio de Turismo Ribeira Sacra comezaron o ano presentando nas redes sociais un pequeno traballo audiovisual para darlle a benvida ao Xacobeo 2021.

Trátase do vídeo “O Camiño das paisaxes” que ten como obxectivo promover o Camiño de Inverno como unha oportunidade para facer deste un ano de moitas ilusións. 

Dende esta organismo están convencidos de que a posta en marcha do Plan de Sustentabilidade Turística, o Pacto pola Paisaxe e todas as liñas abertas para a celebración do acontecemento máis universal de Galicia, xerarán infinidade de sinerxías que cómpre aproveitar, xunto coa experiencia dos concellos de Paradela e Portomarín que coñecen sobradamente o significado dun Ano Santo.

“O contexto actual seguramente non nolo poña doado ao comezo, pero a cambio teremos dous anos de Xacobeo”, din dende o Consorcio de Turismo.

O pasado 4 de xaneiro divulgaron un segundo vídeo para promover as rutas de escape e manteñen activas as insercións “Regala Ribeira Sacra” e a colaboración no deseño de bonos-agasallo coas empresas do sector.

“Seguimos traballando arreo en varios proxectos que iremos dando a coñecer nas vindeiras semanas e que nos fan comezar cheos de enerxía”, comenta Alexandra Seara, xerente deste organismo de dinamización turística do destino Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

6 compañías do sur da provincia no Circuíto de Teatro Afeccionado que ten en marcha a Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro...

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...

Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos...