HomeMedio ambiente e PatrimonioAlgunhas pistas sobre o impacto da cultura castrexa nas montañas de Lugo

Algunhas pistas sobre o impacto da cultura castrexa nas montañas de Lugo

Unha tese do CSIC estuda o poboamento da Idade do Ferro e de época romana altoimperial nas serras orientais galegas dos Ancares e O Courel e no sur da provincia de Lugo

Publicado o

- Advertisement -

Unha tese doutoral realizada no Instituto de Historia do Centro de Ciencias Humanas e Sociais do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC, Madrid) e defendida recentemente na Universidade Complutense de Madrid (UCM) establece a evolución do poblamiento castrexo e dos procesos de territorialización na serra oriental galega e o sector meridional lucense.

O autor, Luís Francisco López González, realizou a investigación baixo a dirección de Almudena Orellas Saco do Val (CSIC) e Teresa Chapa Brunet (UCM). A tese obtivo a cualificación de sobresaliente cum laude.

“Esta tese é o resultado dunha longa investigación centrada no estudo do poboamento da Idade do Ferro e de época romana altoimperial nas serras orientais galegas dos Ancares e O Courel e no sur da provincia de Lugo. Baséase nun rexistro obtido no curso de traballos de arqueoloxía de xestión, incluíndo as escavacións nos castros Sta. María de Cervantes, Castromaior, Viladonga, Arxeriz e Castañoso”, explica o autor.

“Os datos ofrecen unha nova imaxe da evolución do poboamento castrexo, do impacto e dos cambios causados pola conquista romana, entre os que destaca o desenvolvemento dunha intensa minaría do ouro, materializada na zona tratada en preto de 500 explotacións mineiras auríferas, a maior parte inéditas”, destaca.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica a explotación dos Náuticos Ponte do Sil e Maiorga

Con estes acordos, a institución provincial dá continuidade á actividade turística e de lecer...

Beth Willard, recoñecida xornalista e crítica de viños, visitou a Ribeira Sacra

O Consello Regulador da Ribeira Sacra encargouse de coordinar a estancia e a programación...

Máis de 550 participantes inscritos para o QTC 2027

Conta atrás para a celebración do Quiroga Trail Challenge 2027, proba que conta xa...

Tomé presenta uns Orzamentos de 21,5M€ incrementándose nun 16% con respecto ao 2025

O orzamento será sometido a debate e aprobación no Pleno municipal do vindeiro luns...