HomeMedio ambiente e PatrimonioEstabilizado o incendio forestal en Marcelle (Monforte), que xa calcinou 30 hectáreas

Estabilizado o incendio forestal en Marcelle (Monforte), que xa calcinou 30 hectáreas

Un dos avións que participa no dispositivo de extinción sufriu un rebentón nunha roda cando tentaba cargar auga.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural deu por estabilizado o incendio que afecta na tarde deste mércores á parroquia de Marcelle, en Monforte de Lemos.

Segundo as últimas estimacións ofrecidas polas autoridades autonómicas a través da conta de Twitter ‘@Incendios085’, a superficie afectada polas chamas ascende a 30 hectáreas.

Na zona traballan un técnico, tres axentes, sete brigadas, tres motobombas e medios aéreos. De feito, un dos avións que participan no dispositivo sufriu un rebentón nunha roda mentres se dispoñía a cargar auga na base de Doade. Xa está a ser reparado para volver estar operativo canto antes.

É o segundo incendio forestal que sofre o sur da provincia de Lugo no que vai de semana. O pasado 29 de marzo, Medio Rural informaba de que o lume queimara case 30 hectáreas de monte en Seoane (Folgoso do Courel).

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...