HomeMedio ambiente e PatrimonioA igrexa de Santa Cruz, no Incio, declarada Ben de Interese Cultural

A igrexa de Santa Cruz, no Incio, declarada Ben de Interese Cultural

Publicado o

- Advertisement -

O Goberno galego aprobou este xoves o decreto polo que se declara Ben de interese cultural (BIC), coa categoría de monumento e nivel de protección integral, á igrexa de Santa Cruz, no Incio, proxectada polo arquitecto José Luís Fernández do Amo, un dos máis importantes representantes da nova arquitectura española no século XX.

O templo, segundo remarca a Xunta, é “unha mostra excepcional” da arquitectura do Movemento Moderno en Galicia e no resto de España.

O recoñecemento supón incluír tamén máis de 40 bens do interior que son de especial interese patrimonial e que se integran no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia como os 24 bancos deseñados por Fernández do Amo, dous confesionarios, unha pía bautismal e outra de auga bendita, o altar principal e outro lateral, a talla da Virxe de Santa Cruz do Incio, crucifixos ou viacrucis, entre outros.

O Goberno autonómico concluíu actuacións de conservación no inmoble que incluíron obras por máis de 130.000 euros para evitar a deterioración do edificio.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...