HomeMedio ambiente e PatrimonioAvaliando danos para recuperar o monte afectado polos lumes no sur da...

Avaliando danos para recuperar o monte afectado polos lumes no sur da Ribeira Sacra

Un grupo de técnicos do Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán, acompañados por persoal do distrito forestal VIII – Terra de Lemos, desprazouse o pasado 9 de setembro aos concellos de Ribas de Sil, Quiroga e A Pobra do Brollón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os técnicos desprazados ata as zonas afectadas polos lumes do pasado domingo nos concellos de Ribas de Sil, Quiroga e A Pobra do Brollón tiñan como obxectivo avaliar os danos producidos e valorar as actuacións posteriores a levar a cabo.

Nesa liña, puideron comprobar que o solo sufriu un nivel de afección baixo, malia a orografía da zona e as longas pendentes existentes. Así, en gran parte do terreo afectado comprobouse que a boa xestión do monte axudou a que ese dano fora menor. Nunha primeira avaliación preliminar, constatouse que o lume provocou o soflamado das copas das árbores, o que derivará na caída das follas que farán de barreira natural e protexerán o solo.

Segundo fontes da Xunta de Galicia “na zona de monte raso constatouse unha superficie algo máis danada, que comprende entre un 5-10% da superficie total afectada, que precisaría algún tipo de actuación para rexenerar a zona e evitar posibles escorrentías”.

En ocasións anteriores, a Consellería do Medio Rural recorreu a técnicas como o mulching ou o helimulching e, precisamente, a Xunta está a avaliar a aplicación desta técnica nas áreas máis afectadas. Esta técnica permite crear unha cuberta protectora do solo empregando materiais como a palla de cereais (de trigo, de cebada ou de centeo habitualmente). Estes traballos lévanse a cabo cun helicóptero –helimulching– nas zonas de máis pendente e de forma manual –mulching– nas áreas accesibles a pé.

Os técnicos avaliando danos nas zonas afectadas. Foto: Prensa Xunta de Galicia

Cómpre sinalar tamén, segundo as primeiras observacións dos técnicos, que non hai conexión directa entre as zonas afectadas polo lume e os ríos existentes na zona, o Lor e o Sil. De feito, os técnicos observaron que no fondo das vagüadas existe unha barreira natural de vexetación que evitaría calquera arrastre de cinzas aos cauces dos ríos.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...