HomeMedio ambiente e PatrimonioSeguen activos con 3.000 hectáreas ardidas os incendios da Pobra do Brollón,...

Seguen activos con 3.000 hectáreas ardidas os incendios da Pobra do Brollón, Folgoso do Courel e Quiroga

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello da Pobra do Brollón segue en Situación 2 no incendio forestal da parroquia de Saa. O incendio permanece activo desde as 20,37 h. do xoves e afecta unha superficie provisional de 550 hectáreas. Ata o de agora téñense mobilizado para o seu control 2 técnicos, 14 axentes, 23 brigadas, 11 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e 4 avións.  

Segue activo desde as 21,14 h. do xoves outro incendio na Pobra do Brollón, tamén na parroquia de Saa, que segundo as últimas estimacións rolda as 50 hectáreas provisionais. No seu control levan traballado 1 axente, 1 brigada, 1 motobomba e 1 helicóptero.  

Tamén segue decretada como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal activo no concello de Folgoso do Courel, parroquia de Seceda. Este lume iniciouse á 1,40 h. de onte e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 1.100 hectáreas provisionais. No lugar levan traballado un total de 10 axentes, 19 brigadas, 7 motobombas, 2 avións e 4 helicópteros. Neste lume está participando a Unidade Militar de Emerxencias (UME), que despregou efectivos na zona.

Continúa decretada como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal activo arestora tamén en Folgoso do Courel, parroquia de Vilamor. Este lume iniciouse ás 20,42 h. do xoves e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 300 hectáreas provisionais. Ata o de agora desprazáronse á zona 3 técnicos, 13 axentes, 23 brigadas, 13 motobombas, 1 pa, 5 avións e 3 helicópteros.  

Permanece tamén activo o outro lume de Folgoso do Courel, parroquia de Vilamor, que comezaba o xoves ás 20,25 h. da tarde. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 500 hectáreas provisionais. No seu control traballaron ata o momento 15 axentes, 17 brigadas, 15 motobombas, 1 pa, 1 unidade técnica de apoio, 6 avións e 5 helicópteros.

En Quiroga tamén seguen activos os incendios en 3 parroquias; desde as 20,29 h. do xoves na parroquia de Outeiro, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 250 hectáreas provisionais. Para o seu control lévanse mobilizado 2 técnicos, 15 axentes, 16 brigadas, 11 motobombas, 2 pas, 4 avións e 4 helicópteros.

Desde as 11,42 h. de onte o lume da parroquia de Nocedo, que rolda as 180 hectáreas provisionais. Ata o momento levan traballado nel 3 axentes, 7 brigadas, 4 motobombas e 3 helicópteros.

Continúa activo un terceiro incendio forestal en Quiroga, parroquia de Quiroga, que se iniciou ás 12,42 h. de onte e afecta unhas 90 hectáreas provisionais. Para o seu control mobilizáronse ata o momento 5 axentes, 17 brigadas, 7 motobombas, 2 avións e 3 helicópteros.

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...