Ribas de Sil prepara un Centro de Interpretación do Río Sil

O río Sil nos seus 234 km de percorrido non conta con ningún centro adicado, e así o concello dá servizo ao edificio da escola de Torbeo, que pretendía ser un albergue.

CIRS / Concello Ribas de Sil

O concello acadou unha axuda para a rehabilitación do interior do edificio por importe de 28.778,73 euros que supón o 100% da investimento. As obras consisten na instalación eléctrica e iluminación, colocación de portas, construcción de escaleira, carpintería exterior, baños e fosa séptica.

Cóntase tamén cunha subvención plurianual de 20.000 euros para os contidos expositivos. Esta axuda está concedida con cargo a investimentos non productivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos da Rede Natura 2000 de Galicia. O investimento total será de 25.289,00 euros.

O edificio consta de tres módulos. O CIRS ocupará as dúas plantas do módulo central, quedando dous módulos laterais en planta baixa para ser empregados como sala de audiovisuais, actividades e local de reunión da Agrupación de Veciños de Torbeo que poderán seguir empregando as instalacións tal e como estaban ata o de agora. 

CIRS / Concello Ribas de Sil

Dentro deste centro haberá paneis explicativos, material audiovisual, aplicacións informáticas con xogos medioambientais interactivos, maquetas e unha novidade importante: O Sand Box, que consiste nunha caixa de area especial que e a través da tecnoloxía se convirte nun escenario de realidade aumentada para ver como actúa a auga no modelado da paisaxe, ensinando conceptos xeográficos, xeolóxicos e hidrolóxicos.

O CIRS vai enfocar o río Sil desde diferentes puntos de vista:

  • O río ó longo de todo o seu percorrido de 234 km reivindicando a importancia que ten para a rede hidrográfica de Galicia.
  • O río na Ribeira Sacra e nos canóns do Sil
  • O río Sil, como gran río do Xeoparque “Montañas do Courel”

Ademais está previsto dotar a este centro do sistema denominado Museos Vivos, que consiste na instalación dun sistema de videovixilancia e dunha app que permita visitar o centro a calquera hora e calquera día sin necesidade de ter persoal adscrito ó centro. Este sistema xa se vai a implantar próximamente no CIMAR (Centro de Interpretación da Minaría Aurífera Romana)

CIRS / Concello Ribas de Sil

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here