HomeMedio ambiente e PatrimonioO colexio do Cardeal de Monforte, protagonista no Día do Patrimonio Mundial

O colexio do Cardeal de Monforte, protagonista no Día do Patrimonio Mundial

A directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª Carmen Martínez, participou na xornada "O Colexio de Nosa Señora da Antiga. Un exemplo de educación patrimonial" organizada polo Consello da Cultura Galega con motivo da celebración o pasado venres do Día Internacional do Patrimonio Mundial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Mª Carmen Martínez explicou que a Xunta de Galicia leva investidos máis de 650.000€ na posta en valor e conservación do Colexio do Cardeal de Monforte de Lemos desde que se iniciaron os trámites para a súa declaración como Ben de Interese Cultural, incoado en 2019 e declarado en 2021.

A representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades subliñou o “firme compromiso” do seu departamento para “garantir o futuro dun inmoble clave para a paisaxe cultural da Ribeira Sacra e para comprender a historia deste municipio e o desenvolvemento do Renacemento en Galicia”. Neste senso, precisou que nos últimos anos o Goberno galego impulsou unha ducia de actuacións tanto na igrexa, claustro e zonas de visitas como para restaurar os diversos bens artísticos que atesoura o inmoble.

Actualmente a Administración autonómica ten en marcha a licitación da restauración do retablo das Reliquias, no que investirá máis de 110.000€. O obxectivo desta actuación é reparar as patoloxías que presenta este ben artístico e solucionar os problemas estruturais. Para iso, os traballos incluirán a limpeza, eliminación de elementos alleos, desinsectación, consolidación da madeira ou a reintegración cromática e de volumes, entre outros.

Esta actuación súmase á que se está levando a cabo actualmente en diversos bens artísticos ou a que se vén de rematar nos retablos de Nosa Señora das Escolas Pías e de San Xosé de Calasanz. Ademais, o Goberno galego tamén acaba de completar as obras de conservación da estrutura na igrexa, o claustro e as áreas de visita pública para resolver as afeccións que sufría o inmoble a raíz do terremoto de Lisboa de 1755 que provocou gretas que, aínda que non comprometían á estabilidade das bóvedas, era preciso corrixir.

ÚLTIMAS

A XXI Feira Medieval de Monforte celébrase baixo a chuvia

O Alcalde estivo acompañado no acto inaugural pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

Unha APP de balde conectará a oferta e a demanda de emprego na provincia

A Deputación de Lugo vén de anunciar o lanzamento dunha APP móbil gratuíta, DeputaciónLugo...

Pantón homenaxea á súa bibliotecaria Milagros Pardo

Milagritos, a bibliotecaria Milagros Pardo, recibirá unha homenaxe o vindeiro 24 de maio en...

O PP provincial esixe prazos para o arranxo da N-540

Os populares preguntaban sobre a data efectiva de comezo e as obras executadas ata...