HomeMedio ambiente e PatrimonioSegredos de Pantón convida a unha nova andaina cultural

Segredos de Pantón convida a unha nova andaina cultural

Será o vindeiro 12 de outubro e transcorrerá pola ribeira de Santo Estevo de Atán.

Publicado o

- Advertisement -

A entidade dinamizadora do territorio Segredos de Pantón organiza unha andaina de 9 quilómetros de dificultade media baixo o título “Entre as vides e Santo Estevo de Atán”.

As persoas que se anoten poderán coñecer a contorna da Igrexa románica de Santo Estevo de Atán, visitando o templo por dentro e por fóra gozando así do seu esplendor e beleza. O encontro, neste enclave, está programado para as 10:00 da mañá e a continuación comezarase a andaina para gozar da paisaxe e coñecer varias aldeas.

Aberta a inscrición ata cubrir 30 prazas e cun prezo de 2 euros por persoa.

Para anotarse pódese enviar un correo electrónico a segredosdepanton@gmail.com , contactar por privado no perfil de redes sociais de Facebook ou Instagram da asociación Segredos de Pantón ou facelo tamén no número 662669223.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...