HomeMedio ambiente e PatrimonioRecoñecemento unánime do Parlamento galego ao Camiño Eufrasiano dentro dos camiños de...

Recoñecemento unánime do Parlamento galego ao Camiño Eufrasiano dentro dos camiños de Santiago

A deputada do BNG, Carme Aira celebrou o apoio unánime da Cámara galega á proposta defendida pola propia deputada para incluír o “Camiño Eufrasiano” que percorre os concellos de Samos, Sarria, A Pobra do Brollón, O Incio e Folgoso do Courel, “de maneira oficial” dentro do conxunto dos camiños de Santiago.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Co acordo parlamentario instarase á Xunta a analizar cos responsables dos concellos de Sarria, Samos, O Incio, A Pobra do Brollón e do Folgoso do Courel, así como co tecido asociativo e social implicado, a existencia de documentos que xustifiquen a historicidade como ruta de peregrinación a Santiago de Compostela do camiño de San Eufrasio, dentro do marco da lei 5/2016, de 4 maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, unindo os camiños Francés, a Ruta da Prata, e o Camiño de Inverno no Val do Mao. Así como a súa influencia na formalización da estrutura do territorio polo que transcorrerían estas variantes. Pídese tamén procurar outras alternativas para dar a coñecer e divulgar a historia de San Eufrasio, vinculada cos concellos citados.

Para a parlamentaría nacionalista, este acordo inicia o “primeiro paso” para o  recoñecemento da singularidade do concello do Incio e o seu valor histórico e patrimonial. Nesta liña, lembrou a Igrexa de S. Pedro Fiz de Hospital do Incio  feita en mármore da zona que probablemente fora un mosteiro da orde de Malta que funciounou como hospital de peregrinos a Compostela.

Carme Aira tamén destacou as “tres igrexas do Val do Mao”, Sta María, San Salvador e S. Román do Mao que probablemente formaron parte de mosteiros da órbita do de Samos e que tamén realizaban labores de hospitais de peregrinos. E referiuse á representación de petróglifos, castros sen escavar, o campo de mámoas “máis grande de Galiza” e un gran número de túmulos.

Finalmente fixo unha reseña de S. Eufrasio, varón apostólico, bispo de Anduxar e Xaén,  mártir milagreiro e nomeado santo despois de seren torturado e concluíu a súa intervención salientando que “Poñer en valor o patrimonio atrae á xente, a xente xustifica o mantemento de servizos” e esa relación produce un retorno económico  que permite actualizar o patrimonio e  xerar riqueza ademais de situar  aos concellos no mapa e garantir o seu futuro como no caso do Incio. Neste caso os camiños actuarían de escusa perfecta para poñer en valor todo un territorio e o seu valor cultural, ambiental, natural e xeolóxico.

Carme Aira, Camiño Eufrasiano / BNG

Pola súa banda a vicevoceira popular, Raquel Arias, puxo en valor que se trata dun itinerairo de grande valor cultural, patrimonial e ambiental; “unha oportunidade de turismo cultural e medioambiental moi importante, e de desenvolvemento económico e fixación da poboación nesta zona do interior de Galicia”. Lembrou tamén o traballo de anos, por parte do concello do Incio, e a Asociación do Camiño Eufrasiano, e máis recentemente, do Concello do Courel e da Fundación Uxio Novoneyra.

A este respeco lembrou que esta primavera, os concellos do Courel e O Incio asinaron un convenio de colaboración coa Fundación Uxio Novoneyra dentro do proxecto Horizonte 2020 rurAllure.eu. Este proxecto europeo consiste na atracción de visitantes ao patrimonio cultural rural que perimetra as grandes rutas de peregrinación europeas, e que neste caso consistiría en unir a ruta da prata co camiño francés a través de puntos como Samos-San Eufrasio-Cruz do Incio. Dende aí pasaría por – Hospital-Trascastro-Ferreira- Airela- A Casela (outra vez no municipio de Samos) e entrando xa no do Courel, pasando por Paderne, Meiraos, Carbedo e Visuña.

ÚLTIMAS

Este Nadal volve ‘o Tren do CCU’ para ver a Papá Noel en Monforte

Volven as visitas a Papá Noel no Tren do Centro Comercial Urbano de Monforte...

Comeza a andar un novo Obradoiro de Emprego de Xardinaría en Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón

Este Obradoito Dual de Empreo está promovido polos concellos e financiado pola Consellería de...

“O perpetuo movemento da creación” no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Cristina Vázquez, nacida en Barcelona en 1973, estudou arte, deseño de moda e patronaxe....

Sober convoca 4 certames de Nadal

O Concello de Sober vén de anunciar catro concursos para fomentar a participación da...