HomeMedio ambiente e PatrimonioA mostra de minerais do Museo Xeolóxico de Quiroga aumenta a 700...

A mostra de minerais do Museo Xeolóxico de Quiroga aumenta a 700 pezas

O Paleontólogo Juan Carlos Gutiérrez Marco, colaborador e impulsor do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel, vén de doar 500 procedentes de diferentes países de todo o mundo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Museo Xeolóxico de Quiroga segue incrementando a súa mostra de minerais de todo o mundo, e desta volta faino grazas á colaboración do Paleontólogo Juan Carlos Gutiérrez Marco, membro do Comité Científico do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel.

A colección de minerais que se expón no Museo Xeolóxico de Quiroga, e que o pasado 27 de marzo visitaba o alcalde, José Luis Rivera, está composta agora por unhas 700 pezas. Os fondos do museo xa contaban cunha colección de minerais procedentes do territorio do Xeoparque Montañas do Courel, ademais dunha colección duns 200 minerais procedentes de varias coleccións particulares de colaboradores do Museo Xeolóxico.

A DOAZÓN

Coa achega desinteresada de Gutiérrez Marco, incorpóranse cerca de 500 espectaculares pezas: piritas, granates, mica, cuarzo, aragonito, xeso,… procedentes de países como a República Democrática do Congo, Madagascar, China, Guatemala, Chile, India, Estados Unidos, México, Rusia…

O Paleontólogo Juan Carlos Gutiérrez Marco apoiou e prestou asesoramento técnico para o impulso da estratexia que levaría ao recoñecemento das Montañas do Courel como Xeoparque Mundial da UNESCO.

ÚLTIMAS

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Primeiro foi 'Alvorada', despois seguiulle 'Metamorfose', e agora chega a terceira peza final da...

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...