HomeMedio ambiente e PatrimonioUnha louseira pretende explotar unha mina en Quiroga cunha zona da concesión...

Unha louseira pretende explotar unha mina en Quiroga cunha zona da concesión en Rede Natura durante 30 anos máis

O proxecto detalla que os labores mineiros "localízanse fóra das áreas Rede Natura 2000", pero "si existe unha superficie ao norte" da concesión nun espazo protexido como zona de especial conservación (ZEC) denominado Ancares-O Courel, incluído en Rede Natura.

Publicado o

POR
editor
- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) informa este mércores de que se abre un período dun mes para presentar alegacións ao proxecto de explotación e plan de restauración da empresa Lousas de Villarbacú para continuar durante 30 anos máis dunha mina entre os municipios Quiroga e Folgoso do Courel.

O proxecto detalla que os labores mineiros “localízanse fóra das áreas Rede Natura 2000”, pero “si existe unha superficie ao norte” da concesión nun espazo protexido como zona de especial conservación (ZEC) denominado Ancares-O Courel, incluído en Rede Natura. Asegura que “este aspecto se terá en conta á hora de determinar as medidas de protección que garantan a preservación dos seus valores naturais”.

Ademais, toda a concesión mineira, denominada A Ilusión, atópase incluída dentro da superficie do xeoparque Montañas do Courel. Esta mina ao descuberto leva en activo desde hai décadas en Pacios da Serra. Agora, Lousas de Villarbacú (con domicilio social no Barco) solicita unha prórroga da concesión “sobre os terreos xa ocupados”, “sen que sexa necesaria a ocupación de novas leiras da contorna”.

Así, calcúlase un orzamento de explotación de 15,6 millóns durante 30 anos, ao que hai que sumar uns 200.000 euros para o plan de restauración. Estima a produción dunhas 77.000 toneladas de lousa durante 30 anos. No tocante á restauración, realizarase a partir do quinto ano de maneira anual, con cuestións como arranxo de noiros e hidrosembras. Calcúlase que a terra vexetal retirada e amoreada durante toda a explotación ascenderá a un total de 62.000 metros cúbicos.

ÚLTIMAS

Espectacular axenda de outubro para celebrar o 25 aniversario do CC Ponte Vella

O Centro Comercial Ponte Vella, de referencia na Ribeira Sacra, presenta un amplo...

Chantada mellora o miradoiro Sobre Cabo do Mundo

A brigada de parques e xardíns acondicionou este miradoiro cambiando as estruturas de madeira...

A familia de Pepiño moi agradecida e sorprendida pola repercusión da exposición de pintura na Biblioteca Municipal de Escairón

José Losada, ‘Pepiño’ para os amigos, é un veciño de Escairón moi popular no...

O Camiño de Inverno celebra 10 anos da súa oficialidade, a recompensa a décadas de traballo

A celebración tivo lugar neste último domingo de setembro coa participación dos integrantes das...