HomeMedio ambiente e PatrimonioFotografar paisaxes de Pantón pode ter premio

Fotografar paisaxes de Pantón pode ter premio

O colectivo Segredos de Pantón convoca un concurso fotográfico de Nadal co obxectivo de dar a coñecer as fermosas paisaxes do concello nesta época do ano.

Publicado o

- Advertisement -

O “I concurso fotográfico de Nadal de Segredos de Pantón” comezou o 30 de novembro podendo participar ata o 30 de decembro. Neste período poderanse enviar fotografías de lugares da contorna nos que se aprecien paisaxes outonais e invernais da contorna.

Toda a xente que desexe participar deberá enviar as súas imaxes por correo electrónico ao correo segredosdepanton@gmail.com ou por whatsapp ao número 662 669 223 indicando o título da fotografía, o lugar onde foi tomada e o nome da parroquia á que pertence.

Entre o 31 de decembro e o 6 de xaneiro os organizadores crearán un álbum de fotos na súa páxina de Facebook para que os seguidores poidan votar a que máis lle guste dándolle a “gústame”. O día 6 de xaneiro ás 17.00 h. faranse públicas as 3 imaxes que resulten gañadoras do concurso.

Sendeiro no concello de Pantón. Foto: Xosé Manuel Fdez

O premio para a foto máis votada será unha estancia para 2 persoas na Rectoral de Castillón, o autor da segunda clasificada levará unha cesta de produtos de Pantón xentileza de varias casas comerciais da zona e o terceiro clasificado terá como obsequio un circuíto termal no Balneario Oca Augas Santas.

 

 

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...