HomeMedio ambiente e PatrimonioA Xunta realiza novas sondaxes e acondiciona o xacemento arqueolóxico do Preguntoiro

A Xunta realiza novas sondaxes e acondiciona o xacemento arqueolóxico do Preguntoiro

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude está a rematar os traballos de sondaxe e acondicionamento no xacemento do Preguntoiro, en Pantón. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou o lugar e explicou que serven para afondar no seu coñecemento e consolidar as estruturas arqueolóxicas exhumadas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta é a cuarta campaña que se desenvolve desde o ano 2021 para investigar e poñer en valor o conxunto, sumando un investimento de preto de 80.000 euros. Os elementos histórico-arqueolóxicos apuntan á súa vinculación coas orixes cristiáns e a fundación dos primeiros mosteiros na Ribeira Sacra na alta Idade Media. En concreto, considérase un eremitorio que daría orixe ao mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro, do que dista apenas un quilómetro.

Arias explicou que “a intervención persegue favorecer a conservación deste ben patrimonial e a súa revalorización como recurso turístico e cultural no marco da paisaxe da Ribeira Sacra, mellorando a súa visibilidade, accesibilidade e comprensión”.

Realizáronse as nivelacións e recheos precisos e as drenaxes necesarias para evitar a acumulación de auga de chuvia no xacemento, e tomáronse medidas de estabilización de perfís estratigráficos. Así mesmo, acometéronse traballos puntuais de escavación naquelas zonas que quedaban pendentes.

As tres fases anteriores permitiron corroborar a existencia dunha ermida, que segundo a tradición oral estaría baixo a advocación de San Xoán Degolado. Escaváronse os alicerces dunha construción cuxa orientación responde aos canons das igrexas cristiás, coa cabeceira ao leste; tamén hai unha pía rectangular e unha inscrición rupestre datada no século X da nosa era.

Preguntoiro / Delegación territorial

Igualmente, axudaron a definir a área de necrópole, conformada por dous sartegos antropomorfos e outro apenas esbozado sen rematar, aínda que o descubrimento dun cuarto sartego antropomorfo escavado na rocha baixo a capela abre a posibilidade da existencia de máis enterramentos no solar.

No actual proxecto escavouse unha área total duns 20 m2 a través da realización de tres sondaxes: a primeira para determinar o límite das estruturas murarias que, desde a capela, pechan a plataforma; a segunda para identificar a relación entre a pía, os sartegos tallados na rocha e a zona de acceso na fachada occidental da capela; e a terceira con fin de facilitar a evacuación de augas

ÚLTIMAS

O equipo de Goberno de Monforte anima a sumarse á campaña do 25N

Dende o Concello de Monforte impulsan un completo e variado programa de actividades co...

Outubro deixa 138 parados máis na zona centro-sur da provincia

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO valora moderadamente os datos do paro correspondentes...

José Tomé e Manuel Campo Vidal inauguran unha formación que instruirá a xente para axudar a fixar poboación no rural

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao xornalista e doutor...

“Como cambiamos? Enfermidade, sanidade e saúde en maiores”, este 8 de novembro ás 18:00h no Hospital de Monforte

Con esta sesión sobre saúde en maiores desde a perspectiva da Atención Primaria continúase...