HomeMedio ambiente e PatrimonioPode Ribeira Sacra ser a primeira rexión vinícola española en ser Patrimonio...

Pode Ribeira Sacra ser a primeira rexión vinícola española en ser Patrimonio Mundial?

A declaración de Ben de Interese Cultural para Ribeira Sacra supón “o broche perfecto” para rematar o 2018,  declarado polo Parlamento Europeo, Ano Europeo do Patrimonio Cultural.

Publicado o

- Advertisement -

A Xunta desenvolverá no 2019 o Plan Ribeira Sacra, que permitirá coordinar e xestionar de xeito global os investimentos das distintas administracións nesta área. Faise este anuncio despois de que o Consello da Xunta dése o visto bo ao decreto polo que se declara BIC a paisaxe cultural da Ribeira Sacra, un importante chanzo para acadar que o territorio sexa declarado Patrimonio da Humanidade. A Ribeira Sacra convertiríase na primeira rexión vinícola española en acadar este recoñecemento, sumándose a outras europeas como Burdeos ou Borgoña.

O recoñecemento de BIC afecta a unha extensión duns 180 quilómetros cadrados e supón a protección integral das manifestacións relevantes do patrimonio cultural construído con medidas de salvagarda do patrimonio cultural inmaterial. Na Ribeira Sacra hai 1.200 bens singulares, clasificados en: 70 BICs no territorio dos 22 concellos; 512 bens inmobles catalogados no ámbito da paisaxe cultural da Ribeira Sacra e 634 bens inmobles de carácter sacro. Esta declaración suporá para a zona máis actividade, máis dinamismo, máis turismo e máis valor engadido para os produtos locais, especialmente para os viños da D.O. Ribeira Sacra; apuntan desde a Xunta.

No acto de apoio da candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial, o responsable do Executivo autonómico recoñeceu o labor da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, para lograr xestionar esta declaración como BIC no prazo máis curto posible. Asegurou que ademais de non afectar á actividade agraria, o procedemento contou cunha ampla participación social e institucional, celebrándose xuntanzas cos 22 concellos da área de estudo, coas Deputacións de Lugo e Ourense, co Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, coa Denominación de Orixe da Ribeira Sacra, cos axentes económicos e culturais da zona, e cos responsables do desenvolvemento da figura de protección como Reserva da Biosfera, entre outras.

Segundo Núñez Feijóo, o consenso permitiu que xa se leve un ano aplicando provisionalmente o réxime de protección desta paisaxe cultural co obxectivo de poñer en valor este enclave, caracterizado polo seu románico, polo seu patrimonio antropolóxico e pola súa característica xeografía física, asociada principalmente ao cultivo do viño en socalcos.

Apoio Ribeira Sacra Patrimonio Mundial/ Xunta de Galicia

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...