HomeMedio ambiente e PatrimonioOuteiro, o Mazo e Soldón, en perigo, no lume descontrolado que ameaza...

Outeiro, o Mazo e Soldón, en perigo, no lume descontrolado que ameaza o Courel

A Seara, Vieiros e Feramulin tamén están ameazadas polas lapas.

Publicado o

- Advertisement -

A Serra do Courel, unha das xoias ecolóxicas de Galicia, volve a estar en perigo tras o grave incendio de 2022, que arrasou boa parte desta fermosa paraxe natural. As lapas, que avanzan por Quiroga, tras saltar a este concello desde O Larouco, ameazan a zona da Volta Grande.

A aldea de Outeiro está en perigo, ao igual que as aldeas do Mazo e Soldón da Seara. Xa hai buldozers traballando para defender A Seara, Vieiros, Feramulin. En Hórreos, grupos de brigadistas e voluntarios están a rozar o monte e limpar a aldea por medo a que suba o incendio desde a parte de Vilarrubín.

Precisamente, nesta parte do Courel estase a loitar contra o lume con algúns brigadistas e voluntarios. Foron estes últimos os que na noite do martes conseguiron acometer o lume na ferreiría do Mazo e evitar que se queimara. Con todo, o incendio continúa a avanzar desde Mazais, na Serra dos Cabalos.  O lume está a ameazar a aldea de Ferramulín na fronte que vén desde o monte na liña entre Galicia e León.

ÚLTIMAS

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...