HomeMedio ambiente e Patrimonio“Recicla con cerebro, faino de corazón”, o Concello de Chantada inicia o...

“Recicla con cerebro, faino de corazón”, o Concello de Chantada inicia o día 10 unha campaña para fomentar a reciclaxe

O Concello de Chantada, a través da Concellaría de Medio Ambiente, pon en marcha o 10 de novembro unha nova campaña para a mellora da xestión dos residuos orgánicos e o fomento da compostaxe, para iso desenvolveranse accións formativas na rúa e nos centros educativos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A primeira cita será o luns, 10 de novembro, cun stand informativo que se colocará no cruce da rúa Xóan XXIII coa Avda de Monforte. Desde as 10:30h e durante toda a mañá ofrecerase información sobre a recollida da fracción orgánica, repartiranse contedores de 10 litros, as bolsas de reciclaxe e a chave para poder participar do programa. Tamén se ofrecerá información a grandes produtores como a hostalaría ou restauración e terán á súa disposición os cubos e bolsas adaptados para máis capacidade.

Na carpa, ademais de poder recoller os cubos in situ, tamén se dará información sobre como solicitar os composteiros, podendo facelo presencialmente na xornada do 10 de novembro ou a través da web municipal, onde tamén se pode solicitar o cubo marrón. Nesta campaña o Concello de Chantada repartirá 200 composteiros de balde entre a poboación interesada, que estea censada no concello e dispoña dun terreo de 25m2 de superficie. Estas persoas deben comprometerse a uso adecuado do composteiro para o que se farán as correspondentes visitas de seguemento nas que tamén se solucionarán posibles dúbidas.

O día 12 a campaña seguirá nos centros de ensino, comenzando no CEIP Eloísa Rivadulla, para seguir en días posteriores no CEIP  Xoán de Requeixo e nos IES Lama das Quendas e Val do Asma con obradoiros destinados ao alumnado para sensibilizar á xente nova das vantaxes da compostaxe doméstica e da importancia de facer un bo uso do colector marrón. O Concello de Chantada implantou en xaneiro do pasado ano a recollida do colector marrón, que ten como uso exclusivo a recollida de restos de orgánica, con esta campaña, insístese na necesidade da colaboración veciñal para atender os requisitos marcados desde a Unión Europea. “Este tipo de campañas son importantes para a xente se anime a facer unha boa reciclaxe e a utilizar o contedor marrón. Detectamos que a reciclaxe do vidro, do papel ou do envase amarelo faise ben, pero na de orgánico vemos que non hai hábito e moita xente ten dúbidas na utilización do programa, así que os animo a que se informen o día 10 acudindo á carpa”, explica o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela

ÚLTIMAS

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...