HomeMedio ambiente e Patrimonio'Plan de impulso cultural' para apoiar a candidatura da Ribeira Sacra a...

‘Plan de impulso cultural’ para apoiar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

A Xunta de Galicia poñerá en marcha no 2026 un Plan de impulso cultural da Ribeira Sacra que “agrupará as actuacións culturais da contorna e potenciará a súa candidatura a Patrimonio Mundial”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado 19 de novembro, o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo, avanzou un plan de Plan de impulso cultural para a Ribeira Sacra no ano 2026 de cara a axudar na súa candidatura a Patrimonio Mundial da Unesco. Fíxoo durante a súa participación nas xornadas Periscopio. Cultura e natureza que se celebraron en Valencia.

A candidatura, presentada baixo o titular Ribeira Sacra: Paisaxe da auga, abrangue 26 concellos das provincias de Lugo e Pontevedra e a decisión final da Unesco chegará en xuño do ano 2026. Ribeira Sacra espera, pois, que a súa paisaxe construída co uso da auga “dun xeito novidoso que non está presente aínda de xeito suficiente na Lista de Patrimonio Mundial”, refire Anxo M. Lorenzo, acade o recoñecemento esperado para este territorio.

En concreto, Anxo M. Lorenzo fixo referencia aos canóns e vales fluviais esculpidos pola auga, ao relevante patrimonio hidráulico que atesoura e tamén aos oficios e tradicións vencelladas coa características deste territorio “que teñen fornecido un rico patrimonio material e inmaterial”. Nesta liña, erixiu a Ribeira Sacra como “nidio exemplo de como a paisaxe non só define e configura a cultura dun territorio, senón que acaba formando parte indisociable da mesma”, argumentou.

PLAN DE IMPULSO CULTURAL

Dende Cultura da Xunta consideraran importante a posta en marcha dun plan específico cultural para esta zona, recollido nos Orzamentos autonómicos para o 2026 da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, razonando que “xa que o amplo tesouro cultural que abrangue está estreitamente ligado á paisaxe natural do territorio, do que imos tirar proveito para nutrir un espazo creativo e cultural propio”.

Neste senso, Anxo M. Lorenzo adiantou que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ten previsto para o vindeiro ano actuacións concretas nesta zona, como son a recuperación das cubertas do mosteiro das Clarisas, a ampliación da Fábrica da Luz, de Parada de Sil e tamén apuntou que se iniciarán os traballos previos en bens artísticos en Xunqueira de Espadanedo e na igrexa de Santa María do Burgo, en Castro Caldelas, entre outros.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...