HomesociedadeA AAVV do Saviñao denuncia un vertedoiro ilegal na Lama de Escairón

A AAVV do Saviñao denuncia un vertedoiro ilegal na Lama de Escairón

A Asociación veciñal denuncia "a nefasta xestión dos residuos no concello coa ocupación continuada e reiterativa dun soar de titularidade municipal no casco urbano de Escairón como vertedoiro ilegal e escombreira."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aseguran que fai máis dun ano que a área pública, localizada na Lama de Escairón e próxima ás vivendas e centro de saúde, “é utilizada polo Concello como vertedoiro incontrolado e que día a día medra e se expande. O soar destinado ao adestramento de cans de caza, está hoxe repleto de escombros de obra, electrodomésticos e enseres domésticos que xa ocupan a totalidade da parcela, úns dous mil metros cadrados”.

Escombreira na Lama / MSR

A Asociación afirma que as empresas demandan un lugar para depositar os escombros e restos de obra “dado o incremento da actividade de restauración de vivendas no municipio” e solicitan unha vez máis a creación dun Punto Limpo oficial no antigo mercado gandeiro, ao que o rexedor local ten respostado, “precisaría dunha persoa para xestionalo”.

“Non queda outra alternativa máis que a denuncia pública dunha nefasta xestión dos residuos e restos domésticos. Na procura de que a Corporación local lle dea solución a esta demanda e se corrixan as irregularidades e as ilegalidades na xestión do lixo”, conclúe a Asociación veciñal.

ÚLTIMAS

13 adegas na 43 Feira do Viño de Chantada que se celebra do 6 ao 8 de marzo

Participan da 43 edición da Feira do Viño de Chantada 13 adegas: Adega Lareu...

Dimite a concelleira de Igualdade de Monforte e a súa acta será asumida por Miguel Tomé, fillo do alcalde

A concelleira de Igualdade do Concello de Monforte, Margarita López Rodríguez, presentou a súa...

Nova convocatoria de axudas á natalidade no Concello de Chantada

A convocatoria de axudas á natalidade no Concello de Chantada ten por obxecto beneficiar...

O presidente da Xunta reúnese co alcalde de Sober para valorar proxectos para o municipio

Ambos os mandatarios subliñan a importancia da colaboración do Goberno galego cos concellos, especialmente...