HomeMedio ambiente e PatrimonioChantada repoboa de árbores o paseo fluvial, a contorna das piscinas e...

Chantada repoboa de árbores o paseo fluvial, a contorna das piscinas e outras zonas verdes

Todos os anos por estas datas, desde o Concello organízanse este tipo de actividades, repoboando estas zonas e outras áreas verdes con espacies como o quercus palustris, serval, faias, acivros ou amieiros. Este ano engádese ás zonas de plantación a área recreativa que o obradoiro de emprego de Chantada executou no barrio de Marín.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada a través da concellaría de Parques e Xardíns e en colaboración cos IES Lama das Quendas e Val do Asma vén de desenvolver novas plantacións de árbores con motivo do Día Internacional dos Bosques, que se celebrou o pasado 21 de marzo. Previo a estas plantacións, a brigada de parques e xardíns retirou as árbores que foran tratadas dalgunha enfermidade e que finalmente secaron.

O obxectivo, como explica o alcalde do concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, é trasladar á mocidade a importancia de manter as nosas árbores e zonas verdes, “as novas plantacións fanse na contorna do paseo fluvial ou das piscinas municipais co obxectivo de marter estes pulmóns verdes de Chantada e sensibilizar á xente nova sobre a conservación destes espazos”.

Plantación árbores Chantada / Concello de Chantada

Uns 70 rapaces e rapazas coñeceron así as principais características das distintas variedades para os diferentes espazos e ofrecéuselles información das técnicas básicas para a plantación de árboles e o seu coidado. A finalidade, manter saneadas e en bo estado as áreas verdes da vila, contribuíndo a favorecer a protección e conservación do medio ambiente.

Plantación árbores Chantada / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...