HomeMedio ambiente e PatrimonioO Incio presume de varón

O Incio presume de varón

O Concello de Celanova promove un Congreso cos concellos do Incio e Bande sobre os sete varóns apostólicos

Publicado o

- Advertisement -

O congreso estaría destinado a crear unha rede cultural ao redor dos sete varóns apostólicos, Torcuato, Segundo, Indalecio, Tesifonte, Eufrasio, Cecilio e Hesequio. Os restos de San Torcuato atópanse en Celanova, despois de ser trasladados desde Santa Comba de Bande. Pola súa banda no Incio, no santuario de San Eufrasio no Val do Mao, atópanse, supostamente, os restos do varón deste nome, traídos desde Andújar no século VIII.

O encontro pretende coñecer as acción que se desenvolven en cada municipio e deseñar estratexias para crear unha exposición itinerante dos sete varóns apostólicos de cara ao Xacobeo 2021. Durante as xornadas que inclúen visitas turísticas a Bande e o Incio, abordarase a posibilidade de editar material promocional e poñer en marcha unha páxina web para dinamizar a ruta, ademais de cursos de verán, concertos e un concurso de fotografía.

Os municipios de Abla, Pechina, Berja, Cazorla e Sacromonte tamén serán convidados a participar por estar relacionados co resto dos discípulos.

ÚLTIMAS

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...