HomeMovementos sociaisFolga do persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Folga do persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

A orixe da protesta é que, segundo eles afirman, a Xunta de Galicia pretende desmantelar os equipos profesionais deste servizo. A mobilización afectará, por exemplo, a servizos dos concellos de Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, Ferreira de Pantón e Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O persoal dos Centros de día do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar situados nos concellos de Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, Ferreira de Pantón e Chantada, así como as Galiñas Azuis situadas nos concellos de Ferreira de Pantón e Chantada iniciarán unha folga indefinida que comezará este xoves día 18 durante toda a xornada. A intención é ampliar a devandita protesta durante os xoves seguintes con paróns das 8:00 ás 11:00 da mañá.

As convocantes avisan tamén dunha concentración programada para mañá, 18 de febreiro, ás portas dos servizos centrais do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar en San Lázaro, Santiago de Compostela entre as 12 e as 13h.

MOTIVOS DA PROTESTA

A orixe da protesta, segundo manifesta ASOCIATEM -Asociación de Traballadores e Traballadoras Temporais e Indefinidos do Consorcio-, é que a Xunta de Galicia pretende desmantelar o equipo profesional. “E faino no peor momento dunha pandemia na que todas estamos en primeira liña. Así nolo pagan”, comentan.

Láianse tamén de que accederon ao posto de traballo polos sistemas selectivos legais que as Administracións estableceron, e o que recibiron a cambio foron contratos temporais para desempeñar postos de traballo nos que levan máis de 13 anos. Afirman que “a Xunta comete abuso reiterado con nós nos nosos contratos laborais, e agora, en vez de facer o posible para que os nosos contratos sexan fixos, pretenden botarnos a rúa”.

As Directivas Europeas prohiben o uso abusivo da contratación temporal que se está realizando estes anos e dende a Xunta non se buscan solucións a esta solución creada. É máis, moitas e moitos traballadores optan por levar o tema aos xulgados e xa constan numerosas sentenzas xudiciais nacionais recoñecen o devandito abuso.

Persoal do CAPM da Pobra do Brollón. Foto cedida por elas.

Dende ASOCIATEM reivindican a profesionalidade contrastada do seu persoal dende hai máis de 13 anos. Un labor profesional realizado con coñecemento das metodoloxías de traballo, dos recursos e características poboacionais dos concellos, dos maiores, nenas e nenos que coidan, así como tamén das súas familias. 

“Ante esta situación, na que non nos dan outra saída máis que ir á folga para manter os nosos postos de traballo e os servizos públicos de calidade nos concellos, pedimos as familias a súa solidariedade e recomendamos que dadas as circunstancias non acudan os días de folga aos centros”, conclúen.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...