HomeMovementos sociaisA CIG convoca unha folga no comercio de alimentación da provincia por...

A CIG convoca unha folga no comercio de alimentación da provincia por un convenio digno

A convocatoria está programada para o vindeiro 23 de xuño e, segundo fontes sindicais, a decisión chega en resposta ás insuficientes propostas trasladadas pola patronal para mellorar o convenio do sector.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo o secretario comarcal da CIG-Servizos, Xoán Díaz, “aínda que a patronal (Gadis e Froiz) alega que os incrementos salariais que ofrece son maiores que os formulados noutras provincias “estes seguen a ser insuficientes porque partimos dunha situación moi inferior. Coa proposta empresarial, as táboas de todas as categorías profesionais por debaixo do grupo 3 continuarían estando no límite do SMI”.

Segundo comunican á prensa, na última reunión da mesa a patronal propuxo un incremento do 5% para o ano 2022, cunha paga única en concepto de atrasos de 780€ (231€ menos do que correspondería), unha suba do 4% para 2023, do 3,5% para 2025 e do 3,25% para o ano 2025. Ademais, néganse a incluír unha cláusula de revisión que opere ano a ano con referencia no IPC real e o único que propoñen é unha revisión a final de convenio, mais sen efecto retroactivo e sen dar lugar ao cobro de atrasos.

“Para nós esta oferta resulta insuficiente porque non permite recuperar nin garantir o mantemento do poder adquisitivo dos salarios, nun sector ademais que dende o inicio da pandemia e no actual contexto de prezos disparados está obtendo beneficios históricos”, subliña Díaz. 

BENEFICIOS DO SECTOR

O sindicato convocante da folga critica a falta de xustiza e xenerosidade na negociación coa patronal, pois entenden que non se está a valorar o esforzo das traballadoras e traballadores “que permitiron que as compañías de distribución acadaran estas millonarias ganancias”.

“Imos loitar por un convenio digno. Seguimos a reclamar incrementos salariais do 6,5% para 2022 e do 5,7% para 2023 para poder reverter o empobrecemento dos últimos dous anos; e unha cláusula de revisión salarial ao IPC real e con carácter retroactivo para garantir que non haxa perda do poder adquisitivo no futuro; así como demandamos o cobro do complemento de IT até o 100% da base de cotización”, sinalan con determinación.

Xoán Díaz sinala tamén que moitas das melloras foron asumidas pola patronal e estanse aplicando no convenio sectorial da Coruña polo que “as traballadoras e traballadores da provincia de Lugo non van pasar por menos”. Finalmente, o secretario comarcal lembra que a CIG-Servizos convidou ao resto de organizacións sindicais con presenza na mesa a que se sumen á convocatoria pois “foi un mandato saído das asembleas de persoal”.

ÚLTIMAS

Concerto de acordeón no ciclo ‘Primavera Musical’ en Sober

Os amigos e amigas da música instrumental teñen o vindeiro 25 de maio unha...

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...

Unha nova xornada do ‘Marida Maio’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Este xoves, 22 de maio, terá lugar ás 19:30 h. a segunda xornada da...

Prazo de inscrición aberto ata o 10 de xuño para participar na XXV edición de Artelemos

Como o ano pasado a cita coa mostra de artesanía durará 6 días, nesta...