HomeMovementos sociaisO Colectivo Vermut 'ao rescate' do San Xoán dos Chaos, en Monforte

O Colectivo Vermut ‘ao rescate’ do San Xoán dos Chaos, en Monforte

Ante o perigo de que esta tradicional celebración se perdese nese popular barrio monfortino, a entidade cultural ofreceuse a botarlle unha man aos veciños para organizalo este ano.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Moitas celebracións populares van a menos, e incluso pérdense, por falta de relevo xeracional. Cando as/os que tiran do carro cada ano xa non queren seguir ou non poden, e soltan as míticas frases de “a min xa non me pillades noutra” ou “para o ano a ver se vos facedes cargo os novos”, as festas corren ese perigo de esmorecer e incluso desaparecer.

Pois ben, no barrio monfortino dos Chaos, ante a falta de veciños e veciñas que puidesen organizar a tradicional Festa de San Xoan este ano, a asociación cultural Colectivo Vermut ofreceuse a organizala, coa colaboración dalgúns veciños, para evitar que se perdese.

Puxéronse mans á obra e dende hai días teñen xa todo pechado, cun cartel moi xeitoso de actividades para pasar o día. A celebración, como marca a tradición, terá lugar este domingo 23 de xuño, aínda que esta vez con algúns cambios e novidades.

O festexo comezará ás 12:00 h. do mediodía na Praza dos Chaos cunha Sesión Vermut amenizada polos DJ’s La Toña Jackson y Albanta. E durará ata as 15:00 h. Os asistentes poderán beber e comer nos bares da zona que ofertarán as tradicionais sardiñas así como polbo e racións variadas.

A festa continuará ás 20:00 h con música en directo, tamén na Praza dos Chaos, e este cartel artístico:

-20h ARI, unha nova artista monfortina.

-21h GARGANTÚA, unha banda ourensá de pop/rock/indie en formato trío.

-22h BELA CHAOS, coñecido grupo monfortino.

Ademáis de 19:30 a 21:00 h. haberá unha actividade infantil, ás 23:00 h. queimada e ás 23:30 h. rematará a xornada coa tradicional misa, acompañada da Coral Polifónica da Estación, e o reparto da rosca.

A TRADICIONAL FOGUEIRA

Lamentablemente, din dende o Colectivo Vermut, “este ano non se poderá saltar a tradicional cacharela posto que o actual pavimento da rúa da Estrela, onde se solía facer, resulta incompatible coa realización dunha fogueira e dende o Concello non poden dar permiso para esta actividade”.

Aínda así, dende a organización conxunta de veciños/as e entidade cultural din que intentarán buscar unha alternativa para manter a tradición de saltar a fogueira aínda que sexa sen lume. Sorpresa!

Cartel deseñado polo Colectivo Vermut

ÚLTIMAS

A Asoc. Rechouchíos de Taboada creará un fondo de traxe tradicional galego

O Presidente da Deputación da Lugo, José Tomé Roca, vén de asinar un convenio...

Do 5 ao 10 de agosto Monforte celebra a XXIV edición de Artelemos

O Concello de Monforte vén de presentar o cartel anunciador e o programa da...

O BNG levará ao pleno provincial a demanda de mellora das infraestruturas e da xestión do regadío do Val de Lemos

O BNG buscará o acordo do pleno provincial para reclamar á Confederación Hidrográfica, ao...

A A.V. do Saviñao fala de “agravio comparativo” entre concellos na estrada provincial de Currelos a Monforte

A A.V. do Saviñao demanda á Deputación Provincial a mellora de dúas estradas en...