HomeMovementos sociaisAfamon súmase á organización de accións co gallo do 'Día Mundial do...

Afamon súmase á organización de accións co gallo do ‘Día Mundial do Alzhéimer’

Diferentes asociacións realizarán actividades e accións reivindicativas para conmemorar o Día Mundial do Alzhéimer. A entidade monfortina AFAMON poñerá unha mesa informativa na Rúa Cardenal este sábado 14 de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O día 21 de setembro é o Día Mundial do Alzhéimer, data que activa diferentes entidades para tomar conciencia sobre esta doenza. Dende a Federación Galega de Asociacións de Familiares de persoas con Alzheimer (FAGAL) a campaña deste ano é “Os Sentidos da Memoria”, un proxecto que busca ser o fío condutor de todas as actividades que evocan os sentidos e ao mesmo tempo as diversas direccións da memoria. Xorde como un modo de xuntar a todas as AFAS (Asociacións de Alzheimer) nunha actividade conxunta que este ano terá como protagonista a gastronomía na liña terapéutica de desenvolver todas as terapias non farmacolóxicas que cada unha leva a cabo nos respectivos centros de atención.

Na mesma liña, baixo o lema “Somos específic@s”, a Confederación Española de Alzheimer e outras Demencias (CEAFA) expón as súas reivindicacións e esixencias con motivo do Día Mundial do Alzheimer 2024, co que se pretende concienciar primeiro e esixir despois que as administracións do país teñan en consideración a demencia en tanto que condición que require ser atendida e abordada de maneira específica, recoñecendo a súa entidade e fuxindo de fórmulas xeneralistas ou “caixón de xastre” empregadas de maneira habitual e que se limitaron a poñer parches nas necesidades das persoas, non sendo capaces de ofrecer a solución específica e concreta que precisan.

DATOS SOBRE A DEMENCIA EN GALICIA
  • 70.000 persoas con demencia en Galicia.
  • 4 de cada 100 persoas teñen demencia en Galicia.
  • 15 de cada 100 persoas maiores de 64 anos teñen demencia en Galicia.

O envellecemento é o principal factor para a aparición dunha demencia e as proxeccións demográficas de Galicia nos próximos anos fan prever un aumento das persoas maiores de 65 anos do 23,15% actual ao 41% no ano 2050, aparellado a un descenso xeral da poboación. O Instituto Nacional de Estatística (INE) prevé que, para o 2050, Galicia terá 1.762.249 habitantes, dos cales o 41% serán maiores de 65 anos.

ACTIVIDADE DE AFAMON O 14 DE SETEMBRO

Dende Afamon, entidade ubicada en Monforte de Lemos, tamén se suman a esta conmemoración para sensibilizar a toda a sociedade e como é habitual nestas datas, convidan a todas e todos a participar dun evento que terá lugar este sábado 14 de setembro.

Entre as 10 e  as 14 horas situarase unha mesa informativa na rúa Cardenal de Monforte (zona peonil) onde membros da xunta directiva, voluntarios e traballadores de AFAMON realizarán as seguintes actividades dirixidas á poboación en xeral:

  1. Información sobre a enfermidade e as actividades da asociación. Farase entrega gratuíta de folletos informativos con consellos para coidadores de persoas coa enfermidade de Alzhéimer e venderase lotería de Nadal con donativo. (A partir do dia 21 de setembro a lotería tamén se pode adquirir no seu local social na R/ Doutor Casares nº 35, baixo de Monforte).
  2. Exposición de traballos de manualidades realizados coa colaboración das persoas usuarias de AFAMON.

ÚLTIMAS

Suso Montero: “Gardo todas as fotos que fago, terei uns 70.000 negativos”

Jesús Rodríguez Montero, ‘Suso Montero’ para os amigos, foi traballador de Renfe e Adif...

Actuación de Regueifas o 11 de outubro en Ribas de Sil

A primeira das actividades, un obradoiro de coñecemento e de elaboración de regueifas, levouse a...

14 anos sen facer a residencia comprometida no Saviñao

Os deputados provinciais, Antonio Ameijide e Luis Fernández, xunto ao alcalde da localidade, Carlos...

O PP de Monforte comeza o curso político orientado a buscar solucións aos problemas de abastecemento

Durante esta reunión abordáronse as principais liñas de traballo para este curso político, sendo...