HomeMovementos sociaisO profesorado do IES Río Cabe mobilízase contra os recortes

O profesorado do IES Río Cabe mobilízase contra os recortes

Quéixanse da redución de 30 horas para este novo curso no apoio directo ao alumnado con necesidades educativas especiais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Quitáronnos unha profesora de Pedagoxía Terapéutica e media xornada doutra da mesma especialidade, é dicir, 30 horas menos de apoio directo ao alumnado con necesidades educativas especiais con respecto ao curso pasado”, comenta o profesorado do IES Río Cabe.

As devanditas horas foron reducidas, segundo comentan, “por sorpresa a finais de xullo, e con posterioridade comunicáronnos dende a Consellería que se solucionaría en setembro, pero a día de hoxe non hai solución e ninguén sabe nada sobre este tema”.

Entende o profesorado que tendo maior número de alumnado, e tamén máis alumnado con necesidades educativas especiais, non ten sentido esta redución.

O colectivo de mestres convocou o pasado venres 13 de setembro un claustro extraordinario acordando como medida de presión “concentrarse diante do instituto dende as 11:30 h. ata as 11:40 h. tódolos días desta semana se non hai unha resposta de reposición das PT que se nos quitaron”.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...