HomeMovementos sociaisA Federación de asociacións da Ribeira Sacra celebra a súa VII Asemblea

A Federación de asociacións da Ribeira Sacra celebra a súa VII Asemblea

Será este sábado 21 de xuño no Círculo Recreativo Cultural (Casino) da vila de Chantada e ás 11:00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A FEARS (Federación de Asociacións da Ribeira Sacra), que tivo o seu primeiro encontro no 2022, vén traballando para ser a voz do territorio, en palabras deles “desde unha linguaxe común, rachando o relato único e externo que se nos impón sobre a Ribeira Sacra, cometido no que imos seguir afondando e cohesionándonos as diversas entidades e persoas federadas”.

Este sábado, 21 de xuño, celebrarán unha nova asemblea no Círculo Recreativo Cultural (Casino) de Chantada ás 11 horas. 

Na orde do día da xuntanza poñerán enriba da mesa a renovación da Xunta Directiva, onde continuarán cinco persoas da anterior, mais rotando as súas responsabilidades, e buscando incorporar novas persoas para gañar en representatividade territorial.

Segundo explican dende a entidade, tamén se exporá unha memoria coa xestión da Xunta saínte durante o 2024 e explicarase a situación da Federación, así como o balance económico do 2024. Falan de proxecto ‘consolidado’ e moi necesario pero láianse da falta de efectivos humanos e relevo xeracional en moitas das asociacións que forman parte da federación.

Finalmente din que “recolleremos as propostas da asemblea para o bienio 2025-2026 e reiteraremos a nosa visión crítica do proceso para declarar patrimonio da Humanidade a Ribeira Sacra, así como os impactos no territorio do modelo de territorio e turismo que vai asociado á candidatura”. Na súa opinión, se o proceso sae adiante será “letal” para o territorio e “disparará” os desequilibrios sociais e territoriais, “colapsando infraestruturas e deteriorando a paisaxe”. “Non se pode facer unha marca territorial pensando só nos cartos e desde o clientelismo e o caciquismo”, sentencian.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...