HomeMovementos sociaisDefensa persoal para mellorar a autoestima feminina en Chantada

Defensa persoal para mellorar a autoestima feminina en Chantada

A Asociación de Empresarios de Chantada, en colaboración co C.I.M. e o Centro Deportivo Arena de Chantada, organizan unha formación encamiñada a combater a violencia de xénero e reforzar a confianza cotiá das mulleres.

Publicado o

- Advertisement -

O vindeiro 1 de febreiro comezará o primeiro curso continuado de defensa persoal feminina que se impartirá no Centro Deportivo Arena da vila chantadina e que estará impartido por un especialista na materia.

O Centro de Información á Muller (CIM) de Chantada colabora con este curso porque entre os seus cometidos está o de combater a violencia de xénero e esta pode ser unha alternativa máis para contribuír a mellorar a autoestima e a sensación de seguridade das mulleres.

A iniciativa do curso vén da Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra que, dado o clima social de violencia de xénero que sufrimos e do que esta vila non é alleo, presentoulle a este centro deportivo a posibilidade de ofrecer unha formación específica que axudase dalgunha forma a dotar de ferramentas emocionais e físicas ás mulleres co fin último de mellorar os seus niveis de confianza e de seguridade.

O Centro Deportivo Arena informa así mesmo que doará 1 euro por cada muller que se apunte para destinar a algunha asociación de mulleres vítimas de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...