HomeOpiniónAsí viviamos hai un ano a pandemia: A lareira e como nos...

Así viviamos hai un ano a pandemia: A lareira e como nos comunicamos

Debemos recoñecer que, paulatinamente e segundo en que casos, estes novos sistemas de comunicación verbal ou escrita, nos foron afastando do costume e da necesidade de xuntarse para falar, parolear …, deixando atrás tamén a obrigatoriedade e o hábito dese contacto persoal, desas longas conversas tan agradables e enriquecedoras que contribuían a facernos máis sociables, máis comunicativos, máis colaborativos e máis xenerosos e solidarios.

Publicado o

POR
Felipe Castro López
- Advertisement -

Diario de Corentena 11 de abril do 2020:

Nestes días de cautiverio, afloran moitas capacidades que parecían, en boa medida, ocultas ou esquecidas, podendo destacar de entre elas: a vontade de evasión, tanto física coma espiritual ou mental; o enxeño á hora de manexar o sentido do humor; a maña ou talento para desenvolver cousas e instrumentos de primeira necesidade, dende as máis sinxelas ata as máis complexas e tecnolóxicas; ou a xenerosidade e solidariedade para cos demáis.

Entre os outros que poidan faltar, quixera referirme a un dos que sempre foi básico e importante para poder relacionarnos en todos os sentidos: a facultade de comunicarnos e de interactuar.

Sendo certo que a capacidade de comunicarse non é exclusiva dos Homo sapiens, só a nosa especie posúe todas as destrezas posibles xuntas para facelo, sendo a linguaxe articulada ou fala un sistema único e específico de comunicárense os humanos e, como seres sociais que somos, temos a capacidade e a necesidade de facelo. Tamén a escrita é outra das facultades comunicativas e exclusivas que posuímos.

A COMUNICACIÓN E COMO NOS RELACIONAMOS

Co propósito de comunicarnos a través da fala, a maiores de por outros motivos, foi necesario que a xente se xuntase para facelo posible e, así, intercambiar impresións, anécdotas, peticións, inquedanzas, recordos, contos, saúdos, etc e, máis que nada, charlar, parolear, discutir e ata reñer.

Situados neste punto, teño que dicir que se foron achegando ás nosas maneiras de comunicarnos, outras técnicas e tecnoloxías que nos serviron para o mesmo propósito, pero que non precisaba obrigatoriamente da presencia simultánea de ambos os dous ou dos múltiples interlocutores. Deste xeito colleu protagonismo, á hora de posibilitar a dita comunicación a escrita que, debido ao alonxamento obrigado ou voluntario duns respecto aos outros, fixo posible que este contacto se poidese producir a través da carta e do correo postal, pero non de forma simultánea.

Redes Sociais / siacardio.com

Os métodos comunicativos seguiron evolucionando e permitindo esa importante simultaneidade, comezando inicialmente polo telégrafo e máis tarde polo teléfono e continuando, grazas a outros avances tecnolóxicos máis recentes, polas video chamadas ou as redes sociais.

Debemos recoñecer que, paulatinamente e segundo en que casos, estes novos sistemas de comunicación verbal ou escrita, nos foron afastando do costume e da necesidade de xuntarse para falar, parolear …, deixando atrás tamén a obrigatoriedade e o hábito dese contacto persoal, desas longas conversas tan agradables e enriquecedoras que contribuían a facernos máis sociables, máis comunicativos, máis colaborativos e máis xenerosos e solidarios.

Estas longas conversas desenvolvíanse mentres se traballaba, se comía e, tamén como non, nos momentos de lecer; en lugares moi diversos: nos agros, no monte, nas prazas, nas calexas e nos patios dos pobos. Para min, tal vez, un dos lugares máis axeitados eran aquelas lareiras nas que nunca se apagaba o lume e que, ademáis de proporcionarnos calor e un lugar onde cociñar, achegábanos un espazo íntimo pero tamén colectivo, acolledor e entrañable.

Neste intre no que tan necesitados estamos de contacto e posibilidade comunicativa, habería que rehabilitar moitas desas fermosas e antigas LAREIRAS.

Lareira / Felipe Castro López

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...