InicioOpiniónIn Memoriam: Faleceu con 61 anos o Día das Letras Galegas

In Memoriam: Faleceu con 61 anos o Día das Letras Galegas

Non lle tiña medo ao bicho, ela quería viaxar, así que esperaba a chamada para vacinarse co firme convencemento de que iso lle permitiría volver viaxar e ver ás súas amigas.

Publicado o

POR
Manuel Díaz Ares
- Advertisement -

Era unha persoa culta, gustáballe ler, era un dos seus pasatempos favoritos. A metade da súa vida pasouna viaxando, ata que recalou nun lugar de natureza salvaxe domada por un home amante da Natureza. Ambos namorárona. Fixou as súas raíces naquel fermoso e tranquilo lugar, sen esquecerse das súas orixes, onde volvía sempre que as circunstancias permitíano. Alí formou a súa familia, naquel lugar naceron os seus dous fillos.

A pequena cabana onde empezou a compartir a súa vida co seu compañeiro de viaxe, quedou como aloxamento de viaxeiros que por alí achegábanse, e achéganse, a gozar dun lugar que xera a calma e a paz ausente nas cidades. Unha primeira casiña máis grande deu cabida á familia xa de 4 membros, ata converterse nunha pequena aldea con seis edificacións completamente integradas na paisaxe ribeirega do indómito río Lor, con subministración autónoma de enerxía solar.

Ao final sempre acababa saíndo o sol

Coñecina ao pouco de chegar ela a ese lugar. Foron 32 anos durante os cales participei na expansión do lugar, compartindo ricas e nutritivas comidas feitas por ela onde abondaban os produtos da súa propia horta. Tardes de lecer paseando pola montaña ou xogando ao parchís os días chuviosos. Persoa afable, sempre cun sorriso para recibir aos amigos e viaxeiros. O embarazo do seu segundo fillo foron meses de choivas continuas. Tanto é así que o raparigo leva por nome Noé.

Muller de terras de secano en máis dunha ocasión dicía que se ía a marchar de regreso á súa terra, Castela. Ao final sempre acababa saíndo o sol. E os fillos, ben criados e educados, voaron do niño. De maneira que o núcleo inicial volveu ser aquela parella namorada vivindo na montaña, naquel lugar de natureza salvaxe domada con respecto polos amantes da natureza, aínda que agora con moita máis experiencia da vida, dobrando os anos.

Convenceuse de que vacinarse era a maneira de poder viaxar

En máis dunha ocasión dixo que estaba a desexar xubilarse para regresar á cidade que a viu crecer e onde viviu media vida. Desde o inicio disto que deron en chamar pandemia, as súas viaxes quedaron practicamente eliminadas. Desexaba poder volver viaxar para ver ás súas amigas da infancia e a mocidade. Ao final convenceuse de que vacinarse era a maneira de poder viaxar.

Imaxes da chegada das primeiras vacinas a Galicia | XUNTA.GAL

Non lle tiña medo ao bicho, ela quería viaxar, así que esperaba a chamada para vacinarse co firme convencemento de que iso lle permitiría volver viaxar e ver ás súas amigas. Coñecía a miña opinión respecto diso, disto mal chamado vacinas, quizais por iso a última vez que nos vimos, un sábado pola tarde, 3 días despois de poñerlla, non me dixo que xa se vacinara e que o mesmo día que a inxectaron apareceulle o primeiro trombo, e de feito vina como sempre.

O martes seguinte chameina despois de comer porque quedaramos o sábado que pasaría a recoller dous gatos da última camada. Díxome que non fose, que ía ir ao hospital que non se atopaba ben. Máis tarde por mensaxes de telféfono díxome que estaba ingresada no hospital de Lugo. Ese mesmo día, pola noite, foi o seu compañeiro quen me explicou que se vacinara e o dos trombos, ademais das peripecias para que a vise un médico, xa que no hospital remitírana ao seu médico de cabeceira, que xa sabemos como están esas consultas telefónicas.

Fixéronlle todo tipo de probas, o mércores detéctanlle leucemia e empezan a tratarlla aínda que non tiña síntomas físicos nin molestias, o que tiña eran os trombos que lle foron aparecendo xusto despois de vacinarse, o primeiro no mesmo lugar da picada. A quimio provócalle vomiteras continuadas, entre o mércores e o venres quedou nos ósos. O venres deciden suspender o tratamento da leucemia e báixana á UCI para atendela permanentemente, á espera de que mellorase para seguir co tratamento. O luns seguinte, Día das Letras Galegas, falece aos 61 anos. Agora xa viaxa libre de cargas.

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...