InicioOpiniónNosoutras: Engurras que florecen

Nosoutras: Engurras que florecen

OPINIÓN: "...alza a voz para que se rompan as barreiras que, construídas en base o que se espera de cada xénero, feminizan a profesión, prexudicando as mulleres o situalas obrigatoriamente no ámbito dos coidados. A educación é a ferramenta idónea para deconstruir estes roles e Noelia, coa bata branca e sen ela, loita diariamente por elo."

Publicado o

POR
Servizos Sociais Concello de Sober
- Advertisement -

As auxiliares de axuda no fogar son aquelas profesionais que se encargan de proporcionar atención básica ás persoas dependentes que requiren desta axuda para realizar as tarefas do seu día a día. Ademais disto, acudir ás súas casas e establecer un vínculo de confianza implica tamén que o seu traballo vaia máis alá dos coidados físicos e traspase a necesidade de ofrecer apoio emocional.

Seis anos atrás, motivada polo interese de mellorar a vida dos demais, a protagonista deste relato, Noelia Vázquez, cursou un grao medio de auxiliar de enfermaría. Noelia cóntanos que ao comezo, foron 15 as persoas que apostaron por escoller este camiño. Do total, 14 eran mulleres e dous, homes, dos cales, un abandonou a súa formación ao pouco de comezar. Dedicar o teu día a día ao coidado daqueles que mais o precisan non é algo doado, pero é casualidade que mais do 90% das profesionais do sector sexan mulleres? Noelia cóntanos que non é un tema sobre o que reflexionasen durante a súa formación, pois coma en tantos outros casos, normalizouse e non chegaron a afondar na importancia dos feitos. Pero, sen dúbida, a día de hoxe é capaz de advertir que é a “imposición social” á que nos vemos sometidas as mulleres dende que chegamos ó mundo, a razón pola que non se atopa con case ningún home traballando como auxiliar de axuda no fogar. Explícanos que, por tradición e dentro do ámbito privado, era a muller a encargada de asumir estes roles e iso, queiramos ou non, deixa unha herdanza inxusta e difícil de transformar.

A educación como motor de transformación e cambio social

Noelia, nai e traballadora, todoterreo dos servizos sociosanitarios, insiste en falar e reivindicar en nome de todas as súas compañeiras, xa non só profesionais do Concello de Sober, senón facéndoo extensible a toda a comunidade. Case sempre son elas, mulleres, as que de xeito retribuído ou non, coidan das persoas que se atopan en situación de dependencia. Unha realidade que cambia co tempo pero que está lonxe de acadar unha igualdade real.

Segundo Noelia, o éxito á hora de desenvolver esta profesión, atópase na persoa, non no seu xénero. Sen embargo, considera que as mulleres estamos dotadas de máis ferramentas para a xestión das distintas situacións posto que medramos xogando a coidar, algo que procura inculcalo no día a día de Manu, o seu fillo. Ela aposta pola educación como motor de transformación e cambio social, unha transmisión de valores que pase, ineludiblemente, pola asunción de responsabilidades persoais e sociais, que non escape do que nos corresponde polo feito de ser persoas, que vaia dende o nacemento ata a madurez, e que impulse a calquera persoa a desenvolver todas as tarefas que nos corresponden, evitando a delegación no mesmo xénero de sempre. Ela cre firmemente nisto, como camiño a seguir para acadar a igualdade real.

Noelia mostra unha clara emoción cada vez que fala do seu traballo, no que, di, atopa unha gran satisfacción e gratificación. Pero, sen dúbida, a nosa protagonista tamén bota de menos que o seu labor profesional soe máis forte e contundente, que sexa visibilizado e que a sociedade recoñeza cada unha das súas tarefas, pois, tanto ela como as súas compañeiras e os seus compañeiros non só aportan autonomía, tamén felicidade.

Para acadar este fin, alza a voz para que se rompan as barreiras que, construídas en base o que se espera de cada xénero, feminizan a profesión, prexudicando as mulleres o situalas obrigatoriamente no ámbito dos coidados. A educación é a ferramenta idónea para deconstruir estes roles e Noelia, coa bata branca e sen ela, loita diariamente por elo.

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...