HomePolíticaA CIG mantén a súa representación no persoal laboral do Concello de...

A CIG mantén a súa representación no persoal laboral do Concello de Monforte

O sindicato conseguiu revalidar os 2 delegados que tiña no colexio de especialistas.

Publicado o

- Advertisement -

A CIG gañou as eleccións sindicais entre o persoal laboral do Concello de Monforte celebradas o pasado venres 21 de xuño. Acadou 2 dos 3 delegados do colexio de especialistas, o único no que presentou candidatura. Isto quere dicir que logrou manter a representación que xa tiña neste órgano.

O outro delegado acadouno a CSIF, quedando UGT sen representación. No colexio de técnicos, repartíronse os dous delegados a escoller entre CSIF e UGT.

A CIG agradeceu nun comunicado a confianza depositada polo persoal laboral do Concello de Monforte na súa candidatura “a pesares da presión exercida pola equipa de goberno“. Tamén reafirmou o seu compromiso coa defensa dos servizos públicos. O sindicato tamén sinalou que os seus retos pasan por eliminar a precariedade dos traballadores e negociar unha RPT.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...