HomePolíticaEncontro 'exprés' de José Tomé con Pedro Sánchez

Encontro ‘exprés’ de José Tomé con Pedro Sánchez

O Alcalde de Monforte e Presidente da Deputación de Lugo tivo ocasión de saudar en FITUR ao Presidente do Goberno. Felicitouno pola súa investidura e comentaron algúns temas de forma telegráfica.

Publicado o

- Advertisement -

O encontro entre ambos mandatarios serviu para que mantiveran un intercambio breve de opinións sobre a situación e os retos fundamentais da provincia de Lugo e da propia cidade de Monforte, coma capital da Ribeira Sacra. Por parte do Presidente, Pedro Sánchez, total predisposición e compromiso para o seu impulso dende o Executivo Central.

O Alcalde tamén aproveitou para facer balance de tres intensas xornadas en Fitur, nas que a promoción da provincia de Lugo así como da cidade de Monforte e a Ribeira Sacra, na súa candidatura a Patrimonio Mundial, centraron os esforzos do equipo provincial e municipal que acompañaron a Tomé Roca na que é unha das citas de referencia mundial arredor do turismo.

ÚLTIMAS

Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos...

Agroma Sober pregunta polo mal funcionamento da depuradora de Canaval e denuncia “dobre raseiro” na protección da paisaxe ribeirá

Lembran desde Agroma Sober que a situación da depuradora xa a levaron a pleno...

O BNG de Pantón esixe explicacións polos cortes na subministración eléctrica

O BNG de Pantón pide ao Concello que se dirixa ás distribuidoras eléctricas e...