HomePolíticaO PP de Monforte quere "recuperar a normalidade democrática" no concello

O PP de Monforte quere “recuperar a normalidade democrática” no concello

O PP acaba de presentar un escrito no Concello para solicitar a normalización da vida democrática no Concello e que, como parte dese proceso, sexa convocada sesión plenaria ordinaria da corporación, algo que non ocorreu nin en marzo nin en abril.

Publicado o

- Advertisement -

O Partido Popular asegura, en nota de prensa que “mantén a man tendida en Monforte, ao igual que no resto da provincia, para sumar, para colaborar co obxectivo de que a acción do Concello sexa o máis eficaz posible na axuda aos veciños para superar as numerosas dificultades sanitarias e económicas.”  Así se puxo de manifesto na reunión entre a presidenta provincial do PP, Elena Candia, e a portavoz popular na cidade do Cabe, Katy Varela, na que, tamén mostraron a súa preocupación pola escasa vontade que demostra o alcalde, o socialista José Tomé, “para tomar en consideración as propostas que recibe desde a sociedade monfortina e desde o propio Partido Popular”.

Candia, ao fío da citada reunión, apuntou que é necesario que todas as forzas políticas entendan que o gran reto de todos os partidos nestes momentos e buscar fórmulas que permitan sumar, colaborar con eficacia. Candia considera que son momentos de poñer en valor o concepto de participación.

Varela recordou as numerosas propostas que fixo o seu grupo no concello e lamenta que o goberno municipal non demostre interese en manter un diálogo fluído coa oposición e coa sociedade monfortina. Nesta liña aludiu á proposta feita polos médicos do centro de saúde de Monforte como é a peonalización de rúas do centro da cidade. Varela acaba de presentar un escrito no Concello para solicitar, de novo, a normalización da vida democrática no Concello e que, como parte dese proceso, sexa convocada sesión plenaria ordinaria da corporación, algo que non ocorreu nin en marzo nin en abril.

ÚLTIMAS

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...

Olga Novo, protagonista na celebración do ‘Día das escritoras’

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu o pasado 9 de outubro...

Agroma Sober leva a pleno o “estado lamentable” da vía do tren entre Areas e Santo Estevo

A vía abriu ao tráfico en novembro de 2024, pero os restos do material...