HomePolíticaO BNG Lugo-Sul celebrará o 25 de xullo con multitude de eventos

O BNG Lugo-Sul celebrará o 25 de xullo con multitude de eventos

Interesantes actividades, programadas en diferentes puntos da comarca de Lemos, que comezarán o día 20 e rematarán o Día da Patria en Compostela.

Publicado o

- Advertisement -

Sumar por Galiza é o lema escollido polo BNG Lugo-Sul para celebrar o 25 xullo. Unha data que este ano fai o seu 50 aniversario; no ano 1968 o nacionalismo galego foi quen de desafiar a represión franquista e recuperar a manifestación nas rúas de Compostela para celebrar tan sinalada data.

Deste xeito, o venres 20 de xullo darán comezo os actos de celebración coa proxección da película-documental Sitio distinto, presentada por Xosé Estévez e dirixida por Davide Cabaleiro, ás 20:00 horas no Centro do Viño de Monforte. Ó día seguinte, o sábado 21, Santiago de Cangas, en Pantón, acollerá ás 14:00 horas un xantar homenaxe á figura de Xesús Álvarez Goianes (Suso de Pantón), exconcelleiro do BNG, moi involucrado na política comarcal e recentemente finado.

Para o 24 de xullo, dende a formación nacionalista hai programada unha conferencia na Casa da Cultura da Pobra do Brollón Olga Novo a cargo do historiador, profesor e ensaísta Xosé Estévez. O acto terá lugar ás 20:00 horas baixo o título “Castelao: guieiro galego e líder Galeusca”.

Finalmente, o propio día da patria, o 25 de xullo, os integrantes da formación política xunto con todos os veciños que desexen participar, viaxarán ata Santiago de Compostela para acudir á manifestación que partirá da Alameda e para a que sairá un autobús das Casitas da Compañía de Monforte ás 9:45 horas, sendo preciso anotarse. Para poder participar no posterior xantar tradicional na Carballeira de Compostela, os interesados deberán inscribirse na Sede Comarcal.

 

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...