HomePolíticaAdecentamento das áreas recreativas e dos camiños municipais, demandas do PSOE de...

Adecentamento das áreas recreativas e dos camiños municipais, demandas do PSOE de Bóveda

A Voceira do PSOE en Bóveda, María del Carmen Macía Rodríguez, critica tamén a falta de desbroces nos camiños municipais das parroquias da vila.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Voceira do PSOE de Bóveda, emprazou ao Goberno de Bóveda a adecentar e limpar as áreas recreativas do Concello. Así o dixo trala convocatoria plenaria celebrada onte, luns dia 28, no Concello, onde interpelou ao Goberno pola situación destes espazos municipais.

“Queremos que o Concello poña en marcha un plan de limpeza das nosas áreas recreativas, xa que comprobamos que son lugares moi frecuentados, tanto para os viaxantes, como para os turistas que visitan esta Comarca, por iso queremos que o Goberno preste atención a estas espazos e arranxe estas areas”, dixo.

Tamén critican os socialistas  a falta de desbroces nos camiños municipais das parroquias da vila, “Moitas veciños e veciñas puxéronse en contacto con nós, para denunciar que as pistas das parroquias están sen desbrozar, incluso as beirarrúas da vila. Por iso demandamos tamén que se limpen estas zonas. A xente que vive no rural ten dereito as unhas boas vías de comunicación, e con tódalas garantías de seguridade, e a limpeza e o mantemento é unha delas”, asegura Macía. 

ÚLTIMAS

A AAVV do Saviñao denuncia un vertedoiro ilegal na Lama de Escairón

Aseguran que fai máis dun ano que a área pública, localizada na Lama de...

Monforte renova as luminarias dos semáforos e instala dispositivos sonoros nos pasos de peóns

A Xunta de Goberno Local do pasado 29 de decembro aprobou a adxudicación de...

O BNG de Monforte solicita a nulidade do acordo plenario na moción que pedía a dimisión de Tomé

Desde o BNG lembran que a decisión de votar unha moción por puntos corresponde...