HomePolíticaO BNG de Monforte reclama o acondicionamento do mercado de abastos e...

O BNG de Monforte reclama o acondicionamento do mercado de abastos e do recinto ferial

" É de vital importancia reforzar os sectores produtivos e favorecer o comercio local e a economía circular, e a praza de abastos e as feiras mensuais son unha boa oportunidade para xerar riqueza e traballo”, sinalan desde o BNG

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende o BNG de Monforte manifestan a súa preocupación polo mal estado das instalacións do mercado gandeiro, e urxen ao concello a levar a cabo as xestións necesarias para optimizar o recinto ferial e dar un empurrón ao sector primario e revitalizar o sector terciario situando os postos nunhas instalacións acordes ao século XXI.

” É de vital importancia reforzar os sectores produtivos e favorecer o comercio local e a economía circular, e a praza de abastos e as feiras mensuais son unha boa oportunidade para xerar riqueza e traballo”, sinalan desde o BNG.

No caso das instalacións do mercado son de propiedade municipal, non así a competencia en feiras, por iso a organización nacionalista lembra as responsabilidades de todas as administracións, pero pide a implicación do consistorio: ‘dende o BNG pensamos que o consistorio debe ser quen dirixa a revitalización do recinto feiral, sen prexuízo das achegas económicas por parte doutras administracións, como a Xunta e o Estado’, lembra Emilio José Sánchez, voceiro do BNG na corporación monfortina.

ÚLTIMAS

Comezan as Festas Patronais de Chantada que celebran o 23 o Folión de Carros e o pregón

O Concello de Chantada celebra as súas Festras Patronais na honra á Virxe do...

Monforte pecha as Feiras do Libro en Galicia

As casetas presentes nesta edición son as de A Gata Tola (Santiago de Compostela),...

Este 22 de agosto XV Feira de Artesanía e Produtos da Terra do Incio

Os expositores abrirán os stands ás 11:00h para media hora dar comezo aos obradoiros...