HomePolíticaO BNG de Monforte pide reducir o IVE dos salóns de peiteado

O BNG de Monforte pide reducir o IVE dos salóns de peiteado

O BNG de Monforte de Lemos presentará no vindeiro Pleno Municipal unha moción para reducir o IVE dos salóns de peiteado, estética e barbarías, e un rogo relativo á limpeza da rede viaria municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O sector dos salóns de peiteado, estética e barbarías paga neste momento, e a consecuencia dunha decisión do 2012, un IVE do 21%. A pesar da suba do imposto desde o 8%, o sector decidiu manter o prezo do servizo. “Máis de 8 anos despois, e aínda que moitas outras actividades económicas que sufriron o mesmo incremento da taxa, viron como esta baixaba ao 10%, os salóns de peiteado, estética e as barbarías continúan co tipo máis alto,” sinalan desde o BNG.

No Estado de Alarma, as perruquerías foron consideradas unha actividade fundamental, seguindo abertas, pero cun notable descenso de clientela, producido polas restricións horarias, as limitacións da mobilidade ou a redución de aforos. Por iso insisten desde o BNG, “A pesar da mingua económica que isto supón, non atoparon nos gobernos a axuda necesaria, e viron denegada a única medida que reclamaban de forma urxente: A baixada do IVE ao 10%.”

Por estes motivos, o BNG de Monforte de Lemos pedirá o acordo do Pleno Municipal para instar ao goberno do Estado a que aprobe a baixada do IVE ao tipo do 10% para os salóns de peiteado, estética e barbarías.

O BNG tamén pedirá ao goberno municipal a elaboración dun plan de limpeza da rede viaria municipal, que permita levar a cabo a adecuación das beira vías e que se amañe o acceso rodado ao lugar de Probeiros “xa que tanto a entrada por Chorente, como por A Parte, o seu estado é realmente deplorable, case impracticable, e fan moi difícil e perigosa a circulación,” sinalan.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...