HomePolíticaO PP convoca á plataforma “Lugo Non Perdas o Tren”

O PP convoca á plataforma “Lugo Non Perdas o Tren”

O Partido Popular convoca á plataforma “Lugo Non Perdas o Tren”, na sede do Partido, unha vez analizados os anuncios realizados pola presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os populares abordarán, conxuntamente cos integrantes de “Lugo non perdas o tren”, as declaracións realizadas pola dirixente de Adif sobre os investimentos ferroviarios na provincia.

O PP responsabiliza a Isabel Pardo de Vera do cronograma da chegada da alta velocidade a Lugo. “A propia Pardo de Vera participou en distintas reunións con membros do Partido Popular da provincia de Lugo en xaneiro do 2018 xunto ao daquela presidente do ente, Juan Bravo, trasladando o seu compromiso para a conexión da  provincia coa alta velocidade tamén á Federación de Veciños de Lugo”, sinalan. 

Para os populares o aforro de tempos é algo fundamental; e insisten no aforro de máis de 20 minutos que suporían as variantes de Canaval e Rubián: 11 minutos a dos Peares-Canabal e outros 12 a de Rubián (Bóveda) que representan o 27% do tempo do traxecto. “De executárense estas variantes, a viaxe de Lugo a Ourense quedaría en 60 minutos e, polo tanto, os lucenses estariamos conectados con Madrid en 3 horas e 20 minutos. Pola contra, cos proxectos anunciados este venres, o tempo sería de 4 horas.”

ÚLTIMAS

En marcha o Ciclo de Concertos de grupos monfortinos

Este ciclo foi unha das principais novidades do Programa de Verán de 2022, e...

Outeiro, o Mazo e Soldón, en perigo, no lume descontrolado que ameaza o Courel

A Serra do Courel, unha das xoias ecolóxicas de Galicia, volve a estar en...

20.000 hectáreas levan ardidas co incendio que comezou en Larouco o día 13

Cos datos provisionais que ofrece este 19 de agosto a Consellería de Medio Rural,...