HomePolíticaOs socialistas de Bóveda demandan medidas para paliar a crise no concello

Os socialistas de Bóveda demandan medidas para paliar a crise no concello

A Agrupación Socialista de Bóveda, critica que o Goberno do PP de Bóveda aprobe medidas para subvencionar o 100% das licenzas de obra das vivendas unifamiliares da vila, e "non presente iniciativas económicas para o tecido económico e para as familias co fin de paliar a crise da COVID."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os socialistas denuncian que o Goberno do PP é incapaz de presentar proxectos que contribúan a mellorar a calidade de vida dos veciños. “Estamos diante dunha situación excepcional por mor desta pandemia, e o Alcalde mira para outro lado, en vez de contribuír a implementar axudas económicas encamiñadas a reactivar ao comercio local, aos autónomos, as empresas e as familias de Bóveda”, denuncia a voceira Carmen Macía.

Nesta sesión plenaria Macía tamén interpelou ao Goberno Local sobre a utilización dun espazo propiedade do Concello, concretamente o mercado gandeiro de Rubián, por un particular, no que garda o seu material. “En palabras do propio Alcalde estas instalacións son para todos os veciños, por iso, dende aquí queremos convidar a todos os veciños e veciñas interesados que desexen utilizar este espazo para garda as súas pertenencias”, dixo Macía.

Ademais sinalou tamén que Concello esta adherido a plataforma Hola Pueblo, para impulsar a repoboación nas áreas rurais. “Por iso entendemos que a primeira norma que debería cumprir o noso Concello, para formar parte de calquera entidade, é realizar un adecuado adecentamento e mantemendo do noso entorno, coa limpeza de todos os espazos públicos municipais”, remarcou.

ÚLTIMAS

Agroma Sober leva a pleno o “estado lamentable” da vía do tren entre Areas e Santo Estevo

A vía abriu ao tráfico en novembro de 2024, pero os restos do material...

Ata o 7 de novembro pódense solicitar as axudas ao transporte do alumnado universitario e de ciclos formativos de Monforte

As axudas están dirixidas a cubrir os gastos de transporte público do alumnado universitario...

O CC Ponte Vella de Ourense celebra o seu 24º aniversario

Durante dúas semanas, visitantes, familias e amigos poderán gozar de talleres, exposicións, xogos, espectáculos...

O PP pídelle á Deputación reparto igualitario dos fondos

No documento que se elaborará coas achegas que realicen os representantes do PP de...