HomesociedadePor Chantada pide modificar ordenanzas para camiñar cara a descarbonización

Por Chantada pide modificar ordenanzas para camiñar cara a descarbonización

A candidatura viciñal Por Chantada defenderá na vindeira sesión plenaria unha moción para favorecer a descarbonización mediante modificacións nas ordenanzas municipais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Lei de mudanza climática estabelece que os concellos de máis de 50.000 habitantes deberán contar con «zonas de baixas emisións» antes de 2023 onde non poderían acceder 40% dos turismos que actualmente existen. No 2040 todos os turismos e vehículos comerciais lixeiros novos á venda deberán ser de cero emisións e en 2050 todo o parque de turismos e vehículos comerciais lixeiros deberá ser de cero emisións. “Pode parecer moito tempo, mais non o é para unha transformación de tanto calado na mobilidade que, con certeza, requirirá aínda futuras restricións”, consideran desde Por Chantada.

Dede Por Chantada aseguran que “o concello aprobou un plano de acción (PACES) unilateralmente, sen contar coas súas achegas, un documento que fixa unha redución de 40% para 2030 nas emisións de CO2, sendo o sector da mobilidade o de maior peso nas emisións de gases de efeito estufa (GEE).” Propoñen adoptar mudanzas no Imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM), na liña de bonificar ou minorar o imposto por aqueles vehículos eléctricos ou híbridos debidamente homologados e acreditados.

Solicitan desde Por Chantada informes técnicos para modificar a ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO), na orde de incorporar unha bonificación á taxa a pagar nas obras para axeitar garaxes comunitarios particulares para a recargar as baterías dos vehículos eléctricos e que se configure unha equipa de traballo que elabore un Plano de mobilidade eléctrica do Concello de Chantada (2023-2030). “Entre outras cuestións atenderá a planificar os pontos de recarga na vía pública e a renovación de vehículos municipais que contemple a compra de vehículos eléctricos sempre que for posíbel,” propoñen.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...