HomePolíticaO PSOE de Chantada quere recuperar as augas medicinais do concello

O PSOE de Chantada quere recuperar as augas medicinais do concello

Os socialistas chantadinos levarán ó pleno do vindeiro 4 de xuño a moción na que apostan polos mananciais de augas medicinais e terapéuticas que se atopan dentro do Concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A vila do Asma conta, canto menos, con tres emprazamentos de augas medicinais. Por unha banda o “Balneario de Mouriscados”, na parroquia de Arcos, un manancial que funcionou durante gran parte do século XX. As súas instalación dispoñían daquela de aloxamento ademais do propio disfrute das súas augas sulfurosas. Os socialistas aseguran que a día de hoxe as atópanse moi deterioradas “e semella que sen demasiado interese por elas.”

Outra das fontes de augas sulfurosas está no lugar de Carballedo, na parroquia de Sabadelle, en total desuso e emprazadas entre terras empregadas para o cultivo agrícola e o uso gandeiro. O grupo socialista referencia tamén o manancial de Pozo de Ola, na parroquia de San Pedro de Líncora. No seu momento, esta fonte de augas tivo unha serie de construccións asociadas que foron abandoadas e o seu uso limítase a algúns veciños da contorna.

Dende o PSOE de Chantada destacan que a riqueza destes mananciais non pode ser explotada e disfrutada polo seu estado actual de abandono. Ademais, segundo os socialistas “estase a poñer en risco a súa mera conservación e existencia para o futuro”. Así o PSdeG-PSOE chantadino presenta moción ao pleno deste venres, para reclamar a “necesaria, urxente e decidida intervención da administración local”.

Os socialistas chaman ao equipo de goberno a realizar as xestións precisas para a declaración da condición de augas medicinais dos mananciais de Mouriscados, Carballedo e Pozo de Ola. Ademais da obtención da autorización para o uso desas augas por parte do concello chantadino. Os socialistas chantadinos reclaman executar as “obras percisas para facilitar o acceso ós mananciais e balnearios e así facer un aproveitamento adecuado das augas”. Unha promoción na que tamén se deben “sinalizar tódolos xacementos dende as vías de comunicación do Concello”, unha divulgación que debe facerse “tanto física como dixitalmente na Oficina de Turismo e web do concello, respectivamente” aclaran desde o PSOE de Chantada.

ÚLTIMAS

Conta atrás para a ‘Festa da Carne ao Caldeiro’ de Castro de Carballedo

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e as responsables da organización,  Hita...

Quiroga presenta un amplo programa para celebrar a súa XLIII Feira do Viño

O programa ábrese o venres día 18 coa cata de espumosos, que se desenvolverá...

Atopan unha persoa falecida no interior dun coche que se saiu da vía en Sarria

Unha persoa perdeu a vida tras incendiarse o seu vehículo despois de saírse da...

Convócase o Concurso de Atletas e Clubs máis destacados do ano 2024 no concello de Monforte

O concello de Monforte convoca o Concurso para determinar os/as atletas e clubs máis...