HomePolítica'Nin Espolio, Nin Depredación', reivindicación nacionalista dende o encoro de Belesar

‘Nin Espolio, Nin Depredación’, reivindicación nacionalista dende o encoro de Belesar

O Bloque Nacionalista Galego organizou este domingo un acto simbólico dentro da campaña 'Nin Espolio, Nin Depredación. Enerxía eólica sustentábel, xusta e galega'. Ademais de numerosos cargos orgánicos e institucionais contou coa presencia da viceportavoz do BNG e deputada por Lugo no Parlamento galego, Olalla Rodil, e a parlamentaria, Carme Aira.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para Olalla Rodil “o caso do encoro de Belesar é un dos exemplos máis claros do espolio ao que está sometido o nos país” xa que “a pesares da grande cantidade de enerxía eléctrica que se produce neste enconro, non supón ningún beneficio para a zona nin para os seus habitantes que pagar a luz ao mesmo prezo que en Madrid ou Sevilla”. Rodil aclarou que “as eléctricas son benefeciadas por un goberno do estado centralista que non obriga a un prezo da enerxía en función dos danos que fai nas zonas onde se produce”.

Ademais de criticar ao goberno do estado por pemitir un prezo da enerxía eléctrica desmesurado, o Bloque transmitiu a súa proposta de aplicar un novo plan sectorial eólico avogando pola ordenación e protección do territorio, no que os beneficios da produción repercutan na sociedade, a través da creación dunha empresa pública galega de enerxía e unha tarifa eléctrica galega que abarate a factura da luz das galegas e dos galegos.

Olalla Rodil sinalou neste acto que o boom eólico que se está a producir en Galicia reponde aos “plans das grandes multinacionais para espoliar a nosa riqueza, desde Abadín ata Pedrafita existen proxectos que afectan a milleiros de persoas” ao que subliñou a afinidade do Partido Popular co empresariado deste sector “mentras Feijóo abraza aos lobby’s eléctricos ou a ex-conselleira Beatriz Mato está na dirección de Greenalia, as galegas e galegos sofremos a factura da luz máis cara do Estado sendo produtoras” dixo Rodil.

Belesar, acto BNG / BNG Lugo

Nesta liña, a nacionalista destacou que “este boom tinguido de falso verde quere saquear Galiza, desde o BNG propomos desenvolver un modelo sustentábel, xusto coa sociedade, aplicando medidas como unha tarifa galega que abarate a factura, que o rural sexa compensado polo impacto destas instalacións como merece e non se determine a súa expulsión do territorio e que se vinculen os puntos de produción con proxectos industriais”.

ÚLTIMAS

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...