HomePolítica"Proxectos que repercutan na veciñanza e non no peto do alcalde", demanda...

“Proxectos que repercutan na veciñanza e non no peto do alcalde”, demanda o PSOE de Bóveda

A voceira socialista de Bóveda, Carmen Macía, fala do cúmulo de casualidades que detecta nas subvencións do Concello para a construción de novas vivendas na vila, impulsadas polo propio Concello, "das cales o alcalde é o primeiro beneficiario," asegura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado mes de marzo o alcalde de Bóveda anunciou que o Concello ía subvencionar o 100% do imposto de construción para a rehabilitación interior e exterior, reconstrución ou construción de obra nova en vivendas unifamiliares. “Resulta bastante casuístico, que tres meses despois deste anuncio o propio Alcalde presente un proxecto para a realización dunha nova construción na vila. A través da acta da Xunta de Goberno Local do día 24 xuño comprobamos que o rexedor vaise beneficiar dunha axuda económica, impulsada polo Concello para a contratación da súa nova vivenda por un importe de 3.500 euros”, advirten.

Lembran os socialistas que o alcalde anunciaba esta medida enfocada en investir e fixar poboación e na mellora de calidade dos veciños. Agora os socialistas aseguran que a calidade de vida que se mellora neste caso é a do alcalde, “que dun proxecto orzamentado en 140.000 euros, vai aforrar 3.500 euros das arcas municipais”, insisten.

Carmen Macía emprazou ao rexedor a impulsar iniciativas e proxectos que repercutan na veciñanza, “e non no peto do Alcalde”. “Estamos dacordo en que o noso Concello precisa medidas e propostas para fixar poboación, como calquera Concello da provincia, pero non deste xeito”, resumiu.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...