HomePolíticaPor Chantada presenta moción para ampliar e mellorar a Galiña Azul

Por Chantada presenta moción para ampliar e mellorar a Galiña Azul

Este servizo depende da Consellería de Política Social e conta "con disparidade de acceso e de servizos no territorio, non garantíndose unha rede pública, gratuíta e universal. En todo o sul de Lugo só hai 258 prazas públicas en escolas infantís da Xunta, máis 5 en Casa Niño," sinalan desde Por Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A atención da infancia de 0 a 3 anos é un servizo esencial para a conciliación da vida laboral e familiar e para a igualdade entre homes e mulleres. A etapa educativa dos 0 aos 3 anos é esencial para garantir a igualdade de oportunidades no acceso á educación e nos resultados académicos posteriores entre nenos e nenas, e constitúe un servizo indicado para reducir os índices de risco de pobreza infantil e as consecuencias desta situación na infancia.

Na nosa comunidade esta etapa depende da Consellería de Política Social e conta “con disparidade de acceso e de servizos no territorio, non garantíndose unha rede pública, gratuíta e universal. En todo o sul de Lugo só hai 258 prazas públicas en escolas infantís da Xunta, máis 5 en Casa Niño,” sinalan desde Por Chantada.

“Nesta cuestión todos temos que camiñar na mesma dirección e cunha única voz. Sería tamén o momento de pular polo consumo de alimentos de proximidade e non polo catering privado. As cantinas escolares teñen un papel central para unha cociña colectiva artesá, pública e social que vertebre a comunidade educativa,” engaden. 

Por Chantada solicita na moción:

  • Convenio entre o Concello de Chantada e a Xunta para dotar a escola infantil dun novo módulo e unha cociña ou no seu defeito, explorar fórmulas para empregar alimentos locais e as cociñas dos CEIP. 
  • Compromiso municipal de achegar a asignación económica que complemente os Fondos Feder da Unión Europea cos que se farían estas actuacións.
  • Esixirlle á Xunta que universalice a atención educativa de 0-3 anos como servizo público para a educación á infancia e contribúir á conciliación.
  • Trasladar ao Goberno do Estado a necesidade de aumentar os permisos retribuídos por maternidade e parternidadade até un ano de duración con cargo á Administración Xeral do Estado.
  • Impulsar unha Mesa de Traballo entre os concellos da zona sur de Lugo para homologar as condicións das diferentes escolas infantís e solicitar máis prazas á Xunta até cobrir a demanda existente e as previsións a futuro

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...