HomePolíticaManuel Luaces novo responsable local do BNG de Monforte

Manuel Luaces novo responsable local do BNG de Monforte

O monfortino, Manuel Luaces Fernández, será o portavoz da organización nacionalista. Desempeñará este cargo orgánico, ata a celebración da vindeira Asemblea Nacional, a celebrar en novembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado día 29 de xuño, a Asemblea Local do Bloque Nacionalista Galego en Monforte de Lemos, elixiu a Manuel Luaces Fernández como novo portavoz da organización.

O novo responsábel local, ten 34 anos e cursou bacharelato no I.E.S. Río Cabe e o Ciclo superior de Animación e actividades físicas no mesmo instituto. Cursou tamén o ciclo medio de atención a persoas en situación de dependencia no I.E.S. Xograr Afonso Gómez. Actualmente traballa na Asociación Prodeme de Monforte, leva anos vinculado ó traballo no mundo da diversidade funcional, xa que anteriormente traballou para Special Olympics Galicia e asociacións de Lugo como Aspnais.

Emprega parte do seu tempo como secretario da asociación micolóxica os Lactouros e sempre estivo vinculado ao deporte monfortino.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...