HomePolíticaO PP de Monforte presenta unha moción para instar ao Ministerio a...

O PP de Monforte presenta unha moción para instar ao Ministerio a licitar as obras da A-76

Os populares queren deste xeito “presionar” para que esta autovía, que deixara encamiñado o Partido Popular, “non quede metida nun caixón como todo apunta que vai pasar”, pois o retraso que acumula o proceso de redacción é xa de dezaseis meses.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Grupo Municipal do Partido Popular de Monforte de Lemos vén de rexistrar unha moción, a través da que pide ao goberno local que inste ao ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana a concluír a redacción do proxecto de construción do treito Monforte-A Babela da A-76, así como a licitar as correspondentes obras á maior brevidade posible para continuar co impulso desta infraestrutura que vertebraría o sur da provincia con Ourense e coa Meseta.

O Boletín Oficial do Estado publicaba en setembro de 2018 o anuncio de formalización do contrato para a redacción do proxecto por valor de 523.504 euros, cuantificando o prazo de execución en dezaoito meses. Esta actuación afectaría a un treito de 7,7 quilómetros de lonxitude e a tres enlaces. Neste senso, o prazo expirou en marzo de 2020 e, a día de hoxe, “pouco ou nada sabemos do que pensa facer o Goberno”, segundo advirte a voceira Katy Varela.

A dirixente dos populares monfortinos considera que “este silencio é o que fai saltar todas as nosas alarmas, de aí que decidamos levar este asunto ao pleno, xa que o Sr. Tomé, na súa condición tamén de presidente da Deputación, debería de porse en contacto cos seus amigos na Moncloa e evitar que Monforte e o sur da provincia queden sen a autovía que, repito, deixara encamiñada o goberno do PP”.

E é que, de ser así, remarca Varela, “os socialistas de Monforte e da provincia estarían sendo cómplices e corresponsables do que sería un agravio con grandes prexuízos para o impulso socioeconómico de toda a comarca”.

ÚLTIMAS

Monforte saca a licitación a reforma do edificio municipal de Duquesa de Alba

O inmoble, situado nunha parcela de 620 m2, é propiedade do Concello de Monforte...

A Xunta e o concello do Páramo impulsan proxectos de interese municipal

A colaboración máis recente foi a pavimentación de accesos a San Mamede da Ribeira...

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...